18/6/10

DESPEDIDAS


Este curso pareceume que pasou rapido xa que este era o noso ultimo ano. O pasei moi ben ,ademais cando fomos a Manzaneda coñecimos moitas persoas. Asi que para o ano non estamos aqui, chao.

Adrián


Este curso foi o mellor de todos. Chegou un neno novo, moi divertido, que se chama Santiago.
Eu quero despedirme de vós, por que sodes os mellores alumnos e profesores de todos os tempos, seguide asi.
José María.

OS MEGATOXOS (III)



SEGUIMOS OPINANDO


O libro gustoume porque ten moita acción debido a que eles (Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa) sempre están facendo algo, tanto salvando o mundo como facendo esquí, digamos que son de cú inquieto.
Ana Vilanova Iglesias 6º B

O libro dos Megatoxos gustoume moito cando Ninfa e Faisca se bicaron e o que menos me gustou foi cando pelexan contra a máquina metálicxa.O que máis risa me deu foi cando Lúa dixo mal o conxuro e... apareceron 10 Ruxes.Este libro encantoume.
Uriel Pena Acuña 6ºB

O que máis me gustou foi o final, cando conseguiran destruir o diaño e Ruxe convertiuse nunha especie de anxo. O que menos me gustou foi cando foron no submarino, pareceume moi aburrido.

Ángel

A min gustoume moito este liro. O que máis me gustou foi case no final cando loitaban contra a máquina. Pero foi moi tristre que dentro da maquina había un neno, o fillo da Señora Flavia e o Capitan Burela.

Antonio Santos


Gustoume a parte onde descifraron as liñas da parede e tocaron uns tubos de cores para poder abrir a porta. Tamén cando loitaron Faísca e Ezbel. que non se levaban nada ben xuntos, contra unha besta mecánica. Pareceume ben a decisión que tomaron os rapaces entre salvar a un ser querido ou salvar a cidade enteira.

Irene Martínez

16/6/10

OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ (II)



AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO:

O que máis me gustou foi cando Faísca e Ninfa se deron un bico, porque era o que quería dende o principio.
O que menos me gustou foi o principio do libro, cando te explican todo. Nunca me gusta o principio porque é moi aburrido.
  1. Sara Mª Portas
Este libro está cheo de aventuras e de emoción. Primeiro pensas que unha persoa é boa e acaba sendo un pouco mala de máis.
A min encantoume, é precioso.
  1. Tania
Este libro foi moi emocionante, xa que os catro nenos tiveron que buscar o toxo no pasado, en París. No camiño atopaban moitos problemas, que sempre teñen moita acción. O máis emocionante foi a loita contra o diaño, porque dentro estaba Ninfa.
Guillermo
Este libro gustoume moito porque pasan cousas fascinantes cos nenos. E ademais estiveron de excursión na neve e competiron nun campionato no que había moita rivalidade.
Creos que vos gustará. Ademais hai un pouco de amor.
Adrián

15/6/10

EXCURSIÓN A MANZANEDA (II)

OS APARTAMENTOS


Nos aloxamos na zona chamada "Cidade da Coruña", en 4 apartamentos: 2 para os nenos e 2 para as nenas.


Todos os aprtamentos tiñan 4 camas (2 no salón), un baño e unha cociña pequena. No salón había unha mesa e unha tele.

Moi cerca dos apartamentos está a cafetería, onde comíamos.


XOGOS PREDEPORTIVOS

Foi a nosa primeira actividade. Xogamos ao brilé e a o "pañuelo". A monitora chamábase Patricia, pero Santi chamáballe "moni".

Todas as actividades asf ixemos cos alumnos do CEIP Abelendo.

SENDEIRISMO

Despois de merendar (bocadillo de chorizo), fomos facer sendeirismo con David e Aleja, os nosos monitores.
Había unha paisaxe moi bonita.

No curro (onde gardan as ovellas), atopamos un can pequeno que era do pastor. Aleja contounas que o can estaba alí para aprender o seu oficio: coidar as ovellas.


Guillermo atopu a moto do pastor.



Toño levábase moi ben cos monitores, tanto que o querían "adoptar".



10/6/10

OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ


Este curso limos o terceiro libro dos Megatoxos: os Megatoxos e os Templarios da luz. Estes son os nosos comentarios.
O libro gustoume porque está cheo de aventuras e misterios. É un libro moi traballado e con moitos "lios".
Santy 6ºB
A min gustoume moito o terceiro libro porque ten máis intriga . Eu recomendaría lelo porque ten emoción, amor, intriga e moita pasión.
Ana Pazó
O libro gustoume como empezou. O personaxe que máis me gusta é Exeria, pola súa actitude. No medio do libro esta moi ben, porque ten intriga acción e amor.
O final no me gustou moito porque acaba cunha intriga que queres saber o que vai pasar. A pesar diso, o libro encantoume e volveríao ler.
Cristina 6ºB

8/6/10

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño , nosa clase de 6ºB fumos de excursión a Manzaneda. En total eramos catro colexios: Coiro, Abelendo, Quintela e Seara
Saimos do colexio ás 9:30, e logo fumos buscar aos alumnos dos colexios de Moaña.
No autobús nos colocamos diante, porque algúns se marean na viaxe.



Fixemos a primeira parada en Ribadavia, para descansar un pouco e tomar a merenda da mañá.


Chegamos a Manzaneda ás dúas da tarde, con moita fame. Comimos debaixo das árbores.