28/2/11

Xogando ao béisbol

Estes días estamos xogando ao béisbol en ximnasia. O mércores xogamos o partido oficial, que o gañou o equipo verde, e o venres tivemos a revancha, que empatamos. 
O béisbol é un xogo de equipo que se xoga cun pau chamado bate e unhas pelotas pequenas. Os aros fan de bases e, cando bateamos, temos que correr polos aros dando unha volta. Se estás fóra dos aros cando o que lanzou a pelotiña a colle, quedas eliminado.
Gústanos o béisbol, é un deporte chulo, e nos encanta batear.

Cristian, Brais L. e Dani



27/2/11

Virxilio Viéitez


Virxilio Viéitez foi un fotógrafo galego.
Naceu en Soutelo de Montes en 1930. Comezou traballar na construción e emigrou a Cataluña. Alí coñeceu a Julio Pallí que lle ensinou o oficio da fotografía.
En 1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudio fotográfico no seu pobo, dese modo tivo ocasión de retratar a moitos dos seus veciños.
As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en actos sociais como comuñóns, ou bautizos, pero tamén en actividades cotiás. Con relación a súa técnica, a maioría das súas fotos son en branco e negro aínda que nos anos setenta realizou algunha en color.
Actualmente hai unha exposición das súas fotos no museo MARCO de Vigo.
Faleceu na súa vila o 15 de xullo de 2008.

No mes de decembro visitamos o museo do Marco e estivemos vendo a exposición de fotografías de Virxilio. Gustounos moito, e decidimos seguir traballando coas súas fotos na aula
.

http://www.marcovigo.com/content/virxilio-vieitez






En clase estivemos comentando as que máis nos gustaban e contando aquelas cousas que máis nos chamaron a atención. logo fixemos un traballo: "As nosas fotos favoritas".


Open publication - Free publishing - More marco

Para rematar, escollimos algunhas fotos para facer as nosas propias versións. Pensamos que nos quedaron igualiñas que as de Virxilio.




Se queredes saber máis sobre a súa vida e a súa obra, aquí tedes un enlace a un vídeo moi interesante onde o propio Virxilio e a súa filla nos contan cousas del.


26/2/11

O rincón de Buli

O pasado xoves día 24 actaron na Biblioteca Isaac, Ainoa e Andrea na actividade de O rincón de Buli.
Isaac contounos unha historia sobre o mundo dos dragóns, e Andrea e Ainoa un precioso conto sobre unha avoa moi especial. Para axudar coas marionetas estiveron Valeria e Ángela.






Biblioteca

Onte chegounos un novo diploma dende a Biblioteca. Outra vez Valeria, que xa acabou o segundo caderno e xa ten o seu diploma de "Super lectora". Noraboa, Valeria!


A monstroescola (4)

A min gustoume porque había monstros e os monstros eran feos. Había unha profe e oito nenos, e un inspector. Os meus personaxes favoritos son Invi e Peque. Invi non se ve e Peque é de cor vermella.

Julio

Eu penso que o libro da Monstroescola quere ensinarnos a convivir xuntos, dunha raza ou doutra. O meu personaxe preferido é Cacho. A escena que máis me gustou foi cando subían as escaleiras, e gustoume moito porque é de misterio e a min me gustan os misterios.

Brais P.

Este libro gustoume moito porque todos son bos. O personaxe que máis me gustou foi Nefertina porque era graciosa e tiña vendas. A escena que máis me gustou dela foi cando non quería facer as tarefas da casa- Tamén gustoume Peque, é moi bonito. Este conto ensínanos que se pode vivir con calquera persoa.

Gabriela

Gustoume moito porque ensínanos a que monstros e humanos poden convivir xuntos. O meu personaxe favorito é Lupo porque é un lobishome inverso, e me gustan moito os lobishomes inversos. Tamén gustoume porque era moi peludiño. Os debuxos tamén son moi graciosos. A miña parte favorita é cando o inspector sorprendeuse.

Cristian


24/2/11

Can Cerbero


El cancerbero era un enorme perro que vigilaba las puertas del infierno. Tenía tres cabezas voz de bronce, cola de dragón, el lomo erizado de serpientes y su fauces destilaban veneno. Se le suele representar de color negro, para que destaquen más los ojos de color sangre iluminados por una luz sobrenatural.


Es temido por su fuerza y su agresividad a la hora de vigilar la puerta que tiene encomendada. Cada una de sus cabezas cuenta con afilados colmillos, y además suele ayudarse con las serpientes de su cola para ejercer fuerza sobre los seres a los que se enfrenta.
Hijo de
Equidna, una monstruosa ninfa marina; y Tifón, una divinidad primitiva con forma de Huracán; y hermano de Ortro, un perro de dos cabezas.
Se encontraba en la otra orilla de la laguna
Estigia, por donde el barquero Caronte llevaba a las almas venidas de la Tierra hasta el Hades (los infiernos). Su misión era no permitir la salida de las almas, o la entrada de los mortales.

No estaban en una habitación, como él había pensado. Era un pasillo. El pasillo prohibido del tercer piso. Y ya sabían por qué estaba prohibido.

Estaban mirando directamente a los ojos de un perro monstruoso, un perro que llenaba todo el espacio entre el suelo y el techo. Tenía tres cabezas, seis ojos enloquecidos, tres narices que olfateaban en dirección a ellos y tres bocas chorreando saliva entre los amarillentos colmillos.
Harry Potter y la piedra filosofal