8/7/11

A aguia imperial

Valeria e Brais L. prepararon o seu power point sobre a aguia imperial, outro animal en perigo de extinción.


Aguia imperial

Se queres saber máis sobre este animal visita esta web:
http://82.98.163.12/aguilaimperial/


E neste vídeo podemos ver a siyuación da aguia imperial ibérica:
http://youtu.be/DWngkbd18yE

6/7/11

Linguaxe de signos + Aspansim

No mes de xuño Nuria veu ao colexio a explicarnos como se comunicaban as persoas xordas e ensinounos a linguaxe de signos.

Linguaxe de signos on PhotoPeach

 Queredes practicar un pouco a linguaxe de signos? Prestade atención a este vídeo.



Tamén estiveron no colexio membros da asociación Aspansim, que nos ensinaron as actividades que eles fan. Ademais participamos nunha actividade moi bonita na que tivemos que facer un traballo con materiais recollidos na praia. Desta actividade non temos fotos, pero se queredes saber máis sobre esta asocoación, recomendamos que visitedes o seu blog:

http://aspamsim.blogspot.com/

3/7/11

O oso pardo

Darío e Cristian prepararon unha presentación en power point sobre o oso pardo. Unha actividade feita na aula de informática para coñecemento do medio, sobre os animais en perigo de extinción.

O oso pardo

Se queredes saber máis sobre os osos pardos, aquí podedes entrar na páxina da súa fundación.
http://www.fundacionosopardo.org/

E un documental sobre osos.




2/7/11

Crea o teu propio Mii

Unha contestación para Andrea:
1º: Tes que facer o teu propio Mii nesta páxina e gardalo no teu ordenador.
http://www.myavatareditor.com/

2º Entra no teu blog co teu contrasinal.
3º No escritorio ir a editar foto (na parte esquerda, debaixo da imaxe)
4º Pincha en seleccionar archivo e busca a imaxe do teu Mii.
5º Finalmente, pinchar en guardar perfil.

Agora, cada vez que te fagas seguidor dun blog, aparecerá tamén a foto ou imaxe que está no perfil ( o teu Mii).