O 31 de outubro celébrase a festa de Halloween / Samaín.
Na clase de Inglés celebramos a festa de Halloween. Preparamos e levamos calabazas e nos disfrazamos de monstros e personaxes de medo.
Se queredes saber todo sobre Halloween e practicar algunha actividade aquí tedes un enlace interesante:
Na clase de Lengua Castellana estivemos traballando un poema de Antonio Bueno: RODANDO
Rodando, rodando voy,
voy rodando sin parar...
Por la tarta de manzana que me trajo ayer mi abuela; por un plato de natillas con azúcar y canela.
Por la cama de las nubes, por la punta de una estrella, por la cara de la luna, por la cola de un cometa.
Por el verde de los campos, por el blanco de la sal, por el rojo de las flores y el azul limpio del mar.
Rodando, rodando sueño; ¡voy soñando sin parar
E estes son os poemas que fixemos nós, fixándonos no de Antonio Bueno: saltando, voando, pensando, flotando, chorando, nadando, ... Cal é a vosa favorita?
Llorando, llorando voy
voy llorando sin parar.
Por el pastel de canela
que me hizo mi mamá,
por la rica magdalena
que me trajo mi papá
Llorando, llorando sueño,
voy soñando sin parar.
Alba
Saltando, saltando voy
voy saltando sin parar.
Por las mantas de mi cama
blancas como el algodón,
juego y brinco sin parar
encima de un edredón.
saltando, saltando sueño,
¿Voy soñando sin parar!
Andrea
Llorando, llorando voy,
voy llorando sin parar.
Por el bocata de queso
que me dieron hace meses,
por un pájaro gigante
mirntras come a unos peces.
Llorando, llorando sueño,
voy soñando sin parar.
Iván P.
Nadando, nadando voy,
voy nadando sin parar.
Por el verde de las hojas,
por la roja camiseta,
por el blanco de las nubes,
por el gris de la chaqueta.
Nadando, nadando sueño,
voy soñando sin parar.
Dani
Volando, volando voy
voy volando sin parar.
Por la cama de plumitas
tirado en mi sillón,
por nubes de palomitas
voy volando en avión.
Volando, volando sueño,
¡Voy soñando sin parar!
Roque
Pensando, pensando voy,
voy pensando sin parar
Porque me gusta pensar,
pienso en la luna llena,
porque brilla en el mar
más bella que una estrella.
Pensando, pensando sueño,
voy pensando sin parar.
Darío
Saltando, saltando voy,
voy saltando sin parar.
Por los montes y los ríos
y por las verdes praderas,
que me llevó mi madrina
a ver pequeñas terneras.
los pájaros van volando
en busca de la comida
para darle a sus hijos
que salen ya a la vida.
Saltando, saltando sueño
voy soñando sin parar.
David
Volando, volando voy
voy volando sin parar.
Por la bolsa de madera
que encontré tomando té,
por un bote de ciruelas
con azúcar y café.
Volando, volando sueño
voy soñando sin parar.
Brais L.
Flotando, flotando voy voy flotando sin parar. Por el queso requesón, que hizo hoy mi papá. Por los pasteles de crema, que hizo hoy mi mamá. Flotando, flotando sueño, voy soñando sin parar. Isaac
Xa temos máis fotos no álbum de Cangas no pasado. Esta vez foi Andrea a que trouxo fotos do seu avó nas que se poden ver distintos lugares de Cangas.
Fai clic no enderezo ou na foto para poder velas todas:
Ben, este creo que un pouco máis difícil.
Sabedes que é o animal misterioso nº4?
Xa sabía eu que este animal ía ser máis difícil. Non é un ave moi común, só a podemos atopar en América Central ou América do Sur, sobre todo en Colombia. Vive na selva e parécese a un pavo e, aínda que pode voar, non o fai.
Este é o seu aspecto completo:
Veña! Investigade!
Que difícil está resultando! Se queredes outra pista teredes que preguntar a un profesor que vos dá clases e que entende moito de aves. Sabedes quen é? seguro que el, ou ela, sabe a solución.
No pasado mes de setembro fixemos unha lectura moi interesante sobre a Lenda do Cabalo de Troia.
Iván V. trouxo á clase un cabalo de Troia de xoguete, e estivemos moi entretidos con el.
Esta vez costou un pouquiño máis, pero xa temos gañadores do animal misterioso nº3, que era un MANDRIL. O acertaron Roque, Andrea e Ainoa, aínda que Cristian estaba un pouco dubidoso entre este e un babuino; son parecidos, pero fíxate nas cores que ten o mandril.
Se queredes aprender cousas sobre este animal, de aspecto tan fero, podedes facelo nestes enlaces:
Andrés xa non está neste cole, pero todos o botamos de menos. Gústalle elaborar guerreiros, feitos con plastilina, materiais de reciclaxe, pedras,cunchas, ... Xa ten un exército completo!
A profe Geni fíxolle un encargo especial: que fabricara un guerreiro que levara o seu nome: Genius. E Andrés cumpliu o encargo e trouxo a ensinarnos algunhas das súas criaturas:
Arcanus é un Guerreiro Galáctico. Os seus poderes: onda galáctica, chorro negro e néboa maldita. Tentacruel é un Guerreiro Galáctico. Poderes: impacto de galaxias, planeta celestial. Genius: Guerreiro do Olimpo. Poderes: voa, cuchilla de impacto, chorro olímpico. Orión: Guerreiro Galáctico. Poderes: velocidade do pensamento, onda da Lúa, Lúa maldita, impacto dos ceos.
Na hora de ler estamos lendo o libro de Roald Dahl "As bruxas". Xa é o segundo libro de este autor que traballamos, e gústanos moito.
Resumo do libro: Un rapaz queda orfo mentres pasa as vacacións en Noruega. A partir de aí vivirá coa súa avoa sempre e con ela irá aprendendo canto hai que saber das bruxas.
Xuntos han de enfrontarse coa terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra reunidas no Congreso Anual baixo a aparencia de mulleres normais que celebran unha convención nun hotel.
O gran empeño das bruxas é exterminar aos nenos: ódianos, resúltanlles sucios e fedorentos e son os seus grandes inimigos.
Gaby recolleu algunha información sobre a súa biografía:
Autor británico, fillo de noruegueses, nado en Gales en 1916.
Cando estala a Segunda Guerra Mundial incorpórase á Royal Air Force comopiloto de combate, pero un accidente aéreo retírao do servicio facilitándolle a dedicación á creación literaria.
Neste campo escribirá novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, obras para o público infantil que o converten nun dos escritores máis lidos no último século. Entre elas podemos citar Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, Matilda, James e o melocotón xigante, A marabillosa mediciña de George, Qué asco de bichos!, O gran xigante bonachón, O Superzorro, Contos en verso para nenos perversos,etc e relatos autobiográficos como Boy: relatos de infancia e Voando só.
Moita da súa obra é autobiográfica, non só as últimas citadas, que teñen esa consideración, senón tamén as outras nas que vai deixando as pegadas daquilo que o marcou definitivamente como a orfandade de pai dende moi pequeno ou o seu paso polas escolas de férrea disciplina e mestres ou compañeiros crueis.
Morreu o 23 de novembro de 1990.
Do libro As bruxas, fíxose no ano 1990 unha película titulada "A maldición das bruxas".
Na clase de Coñecemento do Medio tentabamos descubrir a que distancia estaría a Terra da Lúa, segundo unha escala.
O primeiro que fixemos foi dividirnos en catro grupos e poñernos un nome. Logo collimos unha pelota de fútbol (a Terra), e unha pelota de tenis (a Lúa). Saímos fóra da clase e intentamos adiviñar a distancia á que estarían.
O grupo "Los saturninos" (Roque, Isaac, Darío e Mohamed) colocaron as dúas pelotas a 45 cm. O grupo "Galacticus" (Rafa, Andrea, Iván P., Ángela e Brais L.), a 67 cm. "Os meteoritos" (Paola, Dani, Brais P., Julio e Iván V.) as colocaron a 50 cm. E o grupo "Espacio fugaz" (David, Alba, Ainoa, Cristian e Gaby), a 90 cm.
Logo nos enteramos que a distancia real é de 30 veces o diámetro da Terra. Costounos un pouco, pero por fin averiguamos que o diámetro da pelota de fútbol (a Terra), era de 23 cm. Despois multiplicámolo por 30 e o resultado foi de 690 cm, ou sexa, 6 metros e 90 cm. Case 7 metros! Tivemos que medilo cun metro e ocupar unha boa parte do corredor! Ningún de nós imaxinaba que estaban tan lonxe!
Xa nos chegaron as primeiras fotos antigas. Estas son da familia de Brais Lagoa. De momento imos almacenalas en Picasa, e podedes acceder a elas neste enlace:
Pero mira que sodes rápidos. Xa temos gañadores do animal misterioso nº2. Isaac, Rafa, Darío e Roque averiguaron que era unha "zarigüeya".
Para saber máis, aquí vos deixo un enlace: http://www.zoowebplus.com/animales/?animal=zarigueya
E un vídeo:
Por certo, sabe alguén como se di "zarigüeya" en galego?