30/12/11

Aye-aye


Pois si, este animal tan raro chámase aye-aye e -e o animal misterioso nº 10. É un pequeno primate que vive na illa de Madagascar e que se ayopa en perigo de extinción. Se queredes máis información podedes visitar a páxina do National Geographic:

http://www.nationalgeographic.es/animales/mamiferos/aye-aye

Tamén podedes visitar o blog de Isaac.

Desta vez houbo catro acertantes: Isaac, Roque, Ángela e Brais L.

28/12/11

Celebrando o Nadal

Antes de dar vacacións, tamén celebramos o Nadal no cole.

Na clase de plástica fixemos bonecos de Papa Noel, elfos e camellos cargados de regalos.


O día 21, como todos os anos antes de dar vacacións, o celebramos no cole tomando unha chocolatada con churros:


Este ano fixemos o xogo do "amigo invisible", e abrimos todos os agasallos na clase:


Amigo invisible - diapositivas

Espero que esteades todos disfrutando dunhas boas vacacións. Bo Nadal!!!

19/12/11

Noticias sorprendentes

En Lingua Galega fixemos un traballo de Expresión Escrita sobre as noticias que dan nos telexornais. Imaxinamos como sería unha noticia sorprendente que ocorrese no noso pobo, en Cangas. Este foi o resultado:


.

14/12/11

O armadillo


Pois este é o animal misterioso nº 9: un armadillo.
Esta vez temos moitos acertantes: Ainoa, Andrea, Valeria, Cristian, Ángela, Gaby, Roque e Iván V.
Se queredes ter máis información sobre este curioso animal, que parece que leva unha armadura, podedes visitar o blog de Ainoa ou o blog de Valeria.

11/12/11

Nadal





Xa case estamos a piques de celebrar as festas de Nadal. Nestes enlaces poderedes atopar todo tipo de recursos para saber moito máis sobre estas festas:








Unha páxina chea de recursos, recompilados pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística:






Para xogar:


Decora a túa árbore de Nadal:


Arma o teu Belén:




Aprende a facer bonecos de neve con calcetíns:




O noso Nadal:
Nas nosas casas xa empezamos a preparar o Nadal, e imos poñendo nos nosos blogs entradas sobre este tema.
Podedes visitar o blog de Gabriela para ver como montaron o seu Belén.
Andrea nos felicita o Nadal cun vídeo.
Valeria puxo unha tarxeta moi navideña.
Ainoa nos conta como decoraron a árbore e o Belén e como facer unha árbore de fieltro.
Brais Lagoa  deséxanos unhas felices festas con varios vídeos.
Iván Pazó ten no seu blog o vídeo dun villancico inglés moi bonito.
E Isaac ensinounos a poñer ese Papá Noel que atravesa o noso blog.

Felices Festas a todos!!!

As bruxas. Roald Dahl

O venres rematamos de ler o libro de Roald Dahl As bruxas. A verdade é que nos gustou moito e o pasamos moi ben na hora de ler. Agora estamos impacientes por ver a película.
Estas son as nosas opinións sobre este libro:


As bruxas
View more presentations from .

10/12/11

Unha sesión de maxia

Isaac preparounos unha sesión de maxia para toda a clase. Axudáronlle os seus compañeiros e nela puidemos ver cantidade de trucos e ilusións ópticas.
Todo un espectáculo!

Biblioteca

Estes días temos moitas novas relacionadas coa Biblioteca Escolar:

1º: Xa chegou o primeiro diploma  da Biblioteca!
Isaac completou o  caderno de lectura e conseguiu un estupendo diploma, por ser un campión da lectura. Noraboa, Isaac!



2º: Ademais esta semana saíron dúas novas mochilas viaxeiras cargadas de libros, que van para as casas de Brais Pérez e Alba. Disfrutádeas, rapaces!



3º: Dende a Biblioteca chegounos a primeira preguntiña curiosa deste curso: Que son as casas de patín?


Xa estivemos investigando e cremos que non son casas con rodas.
Nós estamos participando dende a clase, pero se queredes facelo dende a vosa casa, podedes entrar directamente no blog da Biblioteca. Veña, animádevos!

http://moradabuli.blogspot.com/
http://preguntinas.blogspot.com/

Animal misterioso nº9


Un novo reto para o animal misterioso. Sabedes que animal é? Veña, participade, que este é  máis fácil.