29/2/12

Os nosos personaxes favoritos: Bob Esponja



Fillo do Señor Esponja e a Señora Esponja. Ao acabar a súa carreira quixo vivir só nunha casa en forma de piña cos seus amigos Patricio Estrella, Calamardo Tentáculos e Arenita Mejillas.
Traballa no Krustáceo Crujiente como cociñeiro, co propietario Don Cangrejo, ao que lle gusta o diñeiro. Ademais de traballar a Bob Esponja lle gusta a ciencia, e traballa con Arenita Mejillas, a súa amiga. Despois de moito tempo, Bob Esponja e Arenita Mejillas casaron.
Familia: Señor Esponja e Señora Esponjan (pais), Stanli (primo), Arenita (noiva).
Inimigo: Placton
Superpoderes. Facer cangreburguers moi rápido.


                                                           Valeria Rodríguez Jalda


Todo o que  queiras saber sobre este personaxe, nestas páxinas web:


Queres xogar con Bob Esponja? Proba nestas páxinas:



E podes cantar a súa canción:

27/2/12

As catro estacións no Rincón de Buli

Na clase de Lingua Galega estivemos traballando os poemas de As catro estacións de Antonio García Teijeiro. Os recitamos e representamos en clase, e tamén os ilustramos con plastilina.
Despois  os preparamos para recitar na Biblioteca, na actividade O Rincón de Buli.



A PRIMAVERA

Ábrese un gromo,
sae unha flor.
A primavera
ole a calor.
Todas as plantas
falan de amor.
Sol, 
choiva,
vento,
néboa, 
color
Primaveriña...!
Que ledo estou!




 O VERÁN
O sol sol sol
quentaba
na horta.

O sol sol sol
queimaba
na porta.

O sol sol sol
cabelos
de ouro.

O sol sol sol
gardaba
un tesouro.

O sol sol sol
O sol lacazán
anuncia o verán
 O OUTONO





O INVERNO

 Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Lostrega no ceo,
lostrega na praza.
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Vai frío no ceo,
vai frío na praza.
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Chuvisca no ceo, 
chuvisca na praza.
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita,
que toca o inverno
fermosas sonatas

             Antonio García Teijeiro




Se queredes ver máis fotos da actuación no Rincón de Buli, visitade o blog da Biblioteca:
http://moradabuli.blogspot.com/


26/2/12

Blogs de recursos

Visita os nosos blogs de recursos e practica cos novos contidos:
Blog de recursos de Matemáticas: polígonos.



Blog de recursos de Lingua: ortografía.



Blog de recursos de Coñecemento do Medio: materia, materiais

Que é? Onde está?

Parece que esta vez a solución á foto de Cangas foi máis fácil, pois houbo moitos acertantes: Roque, Dani, Isaac, Brais L., Ainoa, Andrea, Valeria, David e Ángela.
Todos averiguaron que se trata da parte superior do tobogán do parque infantil. Nótase que o visitades bastante!


E agora vos deixo un novo reto para esta semana. Sabedes que é e onde está tomada esta foto?


23/2/12

Biblioteca: novos diplomas

Unha semana moi animada en lecturas da Biblioteca Escolar.Tres novos diplomas chegaron a nosa aula: Valeria xa ten o segundo diploma de lectura e David e Roque conseguiron o seu primeiro diploma.
 Noraboa a todos, e que sigamos así de ben!




16/2/12

Recursos Entroido

O Entroido en Galicia:
O Entroido, cuestionario interactivo. CEIP Mestres Goldar (Vigo):



LIM sobre o Entroido de Vigo e os Merdeiros, e moito máis, de Rosa González Blanco (CEIP O Pombal - Vigo):

 Actividade LIM elaborada no CRA Raíña Aragonta:


Actividade LIM Libro Colaborativo - Entroido, de Belén Junquera e outros:



14/2/12

Recursos C. do Medio: A reciclaxe


Visita o noso blog de recursos de Coñecemento do Medio e atoparás varios recursos sobre
A RECICLAXE.
Tamén podedes visitar os blogs dos nosos compañeiros e ver todos os recursos que eles publicaron sobre este tema:
No blog de Ainoa, un vídeo sobre a importancia da reciclaxe.
No blog de Isaac, Reciclar é divertido: debuxos para colorear.
Un vídeo educativo sobre a reciclaxe, no blog de Andrea.
Información sobre a importancia de reciclar, no blog de Ángela.


Que é? Onde está?

Unha nova foto dun lugar de Cangas que tedes que adiviñar. Estamos seguros que será fácil. Ou non?


Esperamos a vosa participación!

12/2/12

Mil cousas poden pasar

Xa comezamos a ler o libro "Mil cousas poden pasar", de Jacobo Fernández Serrano, e que está editado na editorial Xerais.
Dedicamos a esta lectura dous días da Hora de Ler e, cando o rematemos, esperamos que veña Jacobo a visitarnos.
Como o libro ten unha segunda parte, a profe prometeunos que tamén nola vai ler.


Se queredes saber máis cousas sobre o libro, os personaxes e o autor, están colocados xa os enlaces a dous blogs na barra de enlaces Os nosos blogs favoritos:


Mil cousas poden pasar


Jacobo Fernández Serrano

Cangas no pasado


Tres novas fotos no álbum que temos en Picasa: "Cangas no pasado". Estas tres fotos foron envíadas pola familia de Isaac. Se fas clic na foto te levará ao álbum.
Esperamos as vosas aportacións

Biblioteca

Xa temos un novo diploma da Biblioteca. Ángela rematou o caderno de lectura e conseguiu o seu primeiro diploma. Noraboa!



E aquí tedes o resumo dos libros recomendados ata de agora.

Que é? Onde está?

Parece que a última foto resultou algo máis difícil, pois só temos tres acertantes: Brais Lagoa, Gabriela e Xavi Fdez. Curra (Ed. Infantil 5 anos). Ademais todos aportaron algúns datos sobre esta escultura.
Atópase situada na Alameda Vella e leva por título "A volta do mar", unha obra feita polo escultor Xoán Piñeiro no ano 1952. Parece ser que hai outra igual, pero feita en bronce, nos xardíns do castelo de Soutomaior. 
A escultura representa a volta do mar dun mariñeiro e capta o momento no que se atopa coa súa muller e o seu fillo. Segundo Xavi, a súa avoa chamáballe a estatua da fame, porque o mariñeiro trae a cesta baleira.



Estade atentos, pronto haberá outra foto para adiviñar.

9/2/12

Concerto musical

Hoxe asistimos a un concerto de Música Popular Galega ofrecido pola agrupación Gaiteiros da Xistra. A actuación chamábase “Que tocamos? Con que tocamos?"
 Escoitamos muiñeiras, xotas, alboradas, pasodobles,… E aprendimos moitas cousas sobre os instrumentos: a gaita, o tambor, a pandeireta, a zanfona, o acordeón, o pandeiro, o bombo.
Por certo, falando de bombo, Ángela tivo que saír a axudar con este instrumento-
Tamén chamaron a Clara, a irmá de Roque, que está en 3º, e tivo que facer de cabezudo e bailar.


A min gustoume moito o espectáculo, e tamén a experiencia que pasei tocando o bombo, acabei con un pouco de dolor de espalda.
Ángela


A min gustoume cando Clara disfrazouse de cabezudo. E tamén cando Ángela tocou o tambor.
Julio


A min me gustou moito toda a obra. Tamén me gustou cando o home compartiu o sentimento: o aturuxo.
Gaby


A min gustoume porque os instrumentos e a música que tocaron parecéronme moi fermosos. O que máis me gustou foi cando saíron os cabezudos. O malo foi que non nos deron uns papeis para participar.
Isaac

Recomendamos libros

COLECCIÓN NATALIA


Título: Colección Natalia
Autor: Sergio Salma
Ilustrador: Bruno Wesel
Colección: Natalia
Editorial: Casterman
Personajes: Natalia es la protagonista, Tito es el tío, Hermanito (no sale el nombre)

El libro va de una niña que siempre está haciendo travesuras.
Lo recomiendo porque es super gracioso, y Natalia le hace un montón de cosas al hermanito, y, sobre todo, me gustó el libro ¡No es el fin del mundo!
BRAIS PÉREZ


LAS CRÓNICAS DE SPIDERWICK
Título: Las crónicas de Spiderwick
Autor: Tony Diterlizzi y Holly Black
Colección: Las crónicas de Spiderwick
Editorial: Ediciones B
Personajes: Jared, Simon y Mallury Grace.

Trata de unoniños que descubren unos seres fantásticos malos. Es de misterio y bonito, con muchos libros.
RAFA



UNO ESTÁ VIOLETA, OTRO ESTÁ AMARILLO

Título: Una está violeta y otro está amarillo.
Autor: Ismael Bermúdez
Ilustrador: Jaime Ferrer
Colección: Rimbambini
Editorial: Marenostrum
Personajes: Violeta, Amarillo, Pépola, Wilma, Osvaldo.

Va de un niño al que le compraron una bicicleta que valía 300 € y él fingía que le valió 1000 €, y llamó a su amigo Amarillo y le renovó la bicicleta a una más chula. Amarillo le propuso que si bajaba todas las escaleras, y él la bajó, pero se cayó de la bicicleta y le sangró la rodilla y el hombro. Amarillo no sabía que se había caído, y cuando le vio la rodilla dijo que tenía que ir al médico.
Lo recomiendo porque a mi me gustó mucho, es muy interesante y muy gracioso.
DANI



8/2/12

Canción de Entroido


Xa estamos preparando a festa do Entroido.
Os disfraces, os estamos preparando na casa, e no cole xa rematamos a nosa canción de Entroido:
"Ai se eu che conto"
Unha canción que nos conta cousas da crise, do cole e que nos vai facer chorar .... de risa.

Se queredes ir practicando, aquí tedes o vídeo da versión karaoke da canción de Michel Teló: "Ai se eu te pego", que nos serve de ritmo:
MÚSICA


E neste enlace podedes atopar a letra da canción que fixemos na clase:
LETRA


Veña, ide practicando, que quedan poucos días.

Como se fixo o lip dub

Este é un vídeo dos ensaios para facer o lip dub:



7/2/12

Aniversario Charles Dickens

Hoxe celebramos o 200 aniversario do nacemento dun famoso escritor inglés: Charles Dickens.



Charles Dickens naceu en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812. Foi un famoso novelista inglés que tivo unha grande popularidade e aínda hoxe se editan continuamente os seus relatos e novelas. Dickens foi e sigue sendo considerado un ídolo literario por escritores de todo o mundo.
O pai de Charles, John Dickens era oficinista, pero era un home moi irresponsable administrando o seu diñeiro. Cando os problemas económicos da familia aumentaron o seu pai foi enviado á cárcere debido ás débedas, por iso Dickens, con 12 anos, empezou traballar nunha fábrica. Esta infeliz infancia influíu moito nas súas obras.
Anos máis tarde puido regresar á escola e converteuse en periodista. Nestes anos vivindo en Londres chegou  coñecer moi ben a cidade e isto queda reflectido nas súas novelas.
As súas obras máis importantes: Oliver Twist, Conto de Nadal, David Copperfield, Grandes esperanzas, Historia de dúas cidades, A pequena Dorrit,
Morreu en 1870 á idade de 58 anos.




Lip Dub do Día da Paz

Por fin, xa temos o vídeo!
Xa está listo o lip dub que fixemos para o Día da Paz.

6/2/12

Os nosos personaxes favoritos: Bat Pat



BAT PAT E O VAMPIRO BAILARÍN
Bat Pat é un escritor. Escribe contos terroríficos. É un morcego.
Ten tres amigos, que se chaman Martin, Rebecca e Leo. Rebecca é amiga de Bat Pat.
Rebecca foi onde o castelo do Vampiro. Bat Pat escondeuse nunha cortiña do castelo.
O Vampiro Bailarín era de verdade, Ao Vampiro gústalle a música porque ten un piano.
Iván Vilas Chapela



Podes visitar a súa páxina web.



5/2/12

Novos recursos

Visita os nosos blogs de recursos e atoparás novidades para repasar os contidos da clase:

MATEMÁTICAS:

A división
Problemas


LINGUA:




Adxectivos con v


COÑECEMENTO DO MEDIO:
Ecosistemas
A materia
O son

Que é? Onde está?



Unha nova foto misteriosa dun lugar de Cangas.
Recordade, tedes que enviar un comentario escribindo o que é e en que lugar de Cangas se atopa.
Veña, que é moi fácil!

Biblioteca

Isaac xa rematou o segundo caderno de lectura e Buli envíoulle un novo diploma da Biblioteca.
Noraboa Isaac!


Recomendamos libros

FAIRY OAK: EL SECRETO DE LAS GEMELAS



Título: Fairy Oak: El secreto de las gemelas.
Autora: Elisabetta Gone
Ilustradora: Elisabetta Gone
Colección: Fairy Oak
Editorial: Marenostrum
Personajes: Vainilla y Pervinca

Este libro trata de unas gemelas que viven en un pueblo muy extraño, porque allí viven humanos y hadas. Resulta que una gemela es hada y la otra no, pero se siguen llevando bien.
Recomiendo este libro porque lo leí hace poco y me gustó mucho, y espero que a vosotros os haga el mismo efecto.
ÁNGELA


JUNIE B. JONES GRANJERA


Título: Junie B. Jones granjera
Autora: Barbara Park
Ilustradora: Denise Brunkus
Colección: Junie B. Jones
Editorial: Bruño
Personajes: Junie B. Jones y su familia.

La clase de Junie B. Jones va a ir a una granja, y todos los niños están entusiasmados, todos menos Junie B.
Lo recomiendo porque da la risa y es muy entretenido. Casi siempre leo libros de Junie B. Jones y me gustan mucho.

ALBA


4/2/12

Que é? Onde está?

Xa temos un montón de acertantes da segunda foto misteriosa de Cangas. É un farol do cruceiro que está ao inicio do Forte (Rúa Félix Ozámiz). Os gañadores son: Gabriela, Valeria, Isaac, David, Angela, Ainoa, Andrea e Paola.






Algúns sabían que se trataba dun cruceiro, pero non o situaron ben. Pero ánimo, seguide participando!

2/2/12

Os nosos personaxes favoritos: Geronimo Stilton


GERONIMO STILTON
Nacido en Ratonia (Illa dos ratos). Geronimo Stilton é licenciado en Ratoloxía da Literatura Ratónica e en Filosofía Arqueorratónica Comparada.
Dende fai vinte anos dirixe O Eco do Roedor, o periódico con máis difusión de Ratonia.
Vive cos seus tres parentes: Tea, Trampita e Benxamín.
Gaby


Queres coñecer o Club Geronimo Stilton? Fai click na imaxe.