29/4/12

Que é? Onde está?

Esta creo que foi unha das fotos máis difíciñles. Incluso cunha pista houbo moi poucos que acertaron o que era. David, Valeria e Roque (coa axuda de Clara, a súa irmá, e a súa nai Patricia) foron os tres que averiguaron a resposta correcta. Ademais Roque enviounos unha foto para demostrar onde estaba tomada.
Trátase da igrexa, excolexiata de Cangas. A foto tomouna a nai de Gaby dende un lateral da igrexa.






E agora unha nova foto, enviada por Roque e a súa familia. Eu creo que esta vez é máis fácil.
Xa sabemos o que é, pero... sabedes onde está tomada?


Moitas grazas pola vosa participación.

24/4/12

O petróleo

Iván Vilas, Iván Pazó e Julio prepararon e explicaron o seu traballo de Coñecemento do Medio, do tema da Enerxía.
Eles fixeron o seu traballo sobre o petróleo, e nos explicaron como se extrae, como o preparan e que produtos se obteñen del.
Un traballo moi ben explicado. Aprendemos moitas cousas do petróleo.




Que é? Onde está'

Parece que a última foto de Cangas está resultando moi difícil de averiguar.
Imos dar unha pista, en forma de foto. Esta foto está tomada do mesmo sitio que a anterior.
Xa sei, tamén é difícil, pero agora xa tedes dúas pistas.
Quen se atreve?



23/4/12

O carbón

Continuamos preparando os traballos sobre o tema da Enerxía.
David, Darío e Dani prepararon o seu traballo sobre O Carbón, e elaboraron un power point que nos presentaron a toda a clase.
Un bo traballo, moi ben preparado e explicado a todos.







O día do libro

Hoxe celebramos no cole O Día do Libro, cunha actividade programada pola Biblioteca Escolar, de apadriñamento lector.
Na Hora de Ler fomos buscar aos noso "afillados" de Infantil e 1º para lerlles un conto.
Foi unha actividade moi bonita.




Podedes ver o resto das fotos no enlace da Biblioteca:
http://moradabuli.blogspot.com.es/

22/4/12

O Titanic

O pasado 14 de abril cumpríronse 100 anos do afundimento dun barco mítico: O Titanic.
Con este motivo o National Geographic elaborou un entretido xogo: "Aventura en el Titanic",  no que podes percorrer o barco e intentar salvarte da catástrofe:


Se queres ter máis información sobre este feito, podes visitar os blogs da clase:
As cousas de David:
 http://ascousasdedavid.blogspot.com.es/2012/04/titanic.html
As cousas de Iván: http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/04/o-titanic.html
Gaby Holt: http://gabyholtblog.blogspot.com.es/2012/04/ver-que-aprendimos-cosas-malas-y-buenas.html
La tele de Isaac:
 http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/04/titanic.html
O mar de Paola: http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/04/el-titanic.html
O diario de Ángela: http://odiariodeangela.blogspot.com.es/2012/04/el-titanic.html
O espazo de Valeria:
 http://oespazodevaleria.blogspot.com.es/2012/04/titanicbarco-que-se-hundio.html

Que é? Onde está?

Tardamos un pouco pero xa conseguimos averiguar que era a foto misteriosa. Era moi fácil, unha casa cunha bóla de adorno ... pois é a Casa da Bóla, que agora é o local da Oficina de Turismo.
Só sete acertaron de que se trataba: Angela, Roque, Darío, Isaac, David Julio e a súa nai, e Mohamed.





E agora vos deixo outra foto, enviada tamén pola nai de Gaby, pero xa avisamoa que esta é a máis difícil. Que é e onde está tomada esta foto?
 Veña, ide pedindo axuda porque esta si que vai costar ...



Rato Tom e Rata Tomasa

A finais de maio   imos celebrar o Día das Letras Galegas co festival no Auditorio. Os alumnos de 4º queremos representar o conto Rato Tom e Rata Tomasa, escrito por Marisa Núñez, unha mestra do CEIP do Hío, en Cangas. Ademais este conto trata sobre as reaccións que produce a morte do protagonista, o Rato Tom, no resto dos personaxes do conto, polo que o relacionamos co tema que tivemos no Entroido.
Para que vaiades aportando ideas, aqui tedes un vídeo deste conto:

Biblioteca

Outro diploma máis da Biblioteca, e xa levamos catro esta semana. Esta vez é Darío, que conseguiu o seu primeiro diploma. Noraboa!


Recordade que o luns celebramos o Día do Libro, cunha actividade de apadriñamento lector durante a Hora de Ler.
Xa temos os libros preparados para ler aos alumnos de Ed. Infantil e de 1º.

19/4/12

A enerxía eólica

Seguimos expoñendo os traballos sobre a Enerxía. Esta vez tocoulle o turno a Ángela, Brais l. e Isaac, que nos presentaron o seu traballo sobre a Enerxía Eólica e nos explicaron como funcionan os aeroxeradores e como producen enerxía eléctrica. Ata trouxeron un secador para simular o vento!



Se queredes saber todo sobre a Enerxía, visitade o noso blog de recursos de Coñecemento do Medio:
http://ascousasdaclaserecursoscm.blogspot.com.es/2012/04/enerxia.html

Novos diplomas

Tres novos diplomas chegaron da Biblioteca Escolar. Andrea e Iván P. xa teñen o seu primeiro diploma de lectura, e Valeria xa vai polo terceiro.
Noraboa aos tres!




15/4/12

Aprendemos xogando

O pasado día 28 de marzo tivemos unha nova sesión do xogo Aprendemos Xogando. Esta vez enfrontáronse tres grupos da nosa clase:
1. Ainoa, Gaby e Andrea.
2. Ángela, Valeria e Paola.
3. Brais L., Dani e Aarón (4ºA)
Estivo moi reñido, e ao final Ángela, Valeria e Paola foron as gañadoras. Noraboa!
Verémolas na seguinte fase. Ánimo, rapazas!



11/4/12

Enerxías renovables

Na clase de Coñecemento do Medio estamos traballando o tema da Enerxía. A profe púxonos como tarefa facer un traballo sobre este tema, así que nos dividimos en grupos e escollemos un tema.
As primeiras en acabar o seu traballo foron Gabriela e Valeria, que fixeron un traballo sobre as Enerxías Renovables. Construíron unha maqueta estupenda e expuseron á toda a clase en que consistían. Falaron sobre a enerxía solar, a hidráulica, a eólica, o biodiesel, ... Aprendemos moito con elas.



Se queredes saber máis cousas sobre a Enerxía, visitade o noso blog de recursos:

Vacacións

Acabamos de disfrutar dunha semana de vacacións. Algúns marcharon de viaxe e outros quedaron descansar ou fixeron saídas por aquí cerca. O que si é seguro é de que todos soubemos aproveitar este tempo de lecer.
Se queres compartir con nós os teus momentos, fai chegar as túas fotos e as colocaremos no noso blog de vacacións.
Empezamos coas da profe, que foi uns días a Soria:


10/4/12

Novo diploma

Antes das vacacións Buli enviou un novo diploma de lectura. Paola xa conseguiu o seu segundo premio por ser unha boa lectora.
Moi ben, Paola!


Que é? Onde está?

Vaia! Esta vez parece que costou un pouco, pois baixou o número de acertantes. Brais P., Julio, Brais L., Darío e a súa nai, David, Isaac e Ángela déronse conta que era o estanque que hai na Alameda Nova.
Noraboa!



E agora vos deixo unha nova foto para que pensedes toda a semana. Esta vez a foto tomouna a nai de Gabriela. Se alguén máis quere colaborar nesta actividade podedes achegarnos as vosas fotos.
Que é e onde está tomada esta foto?
Esperamos as vosas respostas.