28/5/12

Mochilas viaxeiras

Xa temos outra vez na clase as mochilas viaxeiras, despois de pasar por todas as nosas casas.
 Os últimos en levalas foron Andrea e Mohamed.
Todos disfrutamos moito dos libros que había nelas. Esperamos continuar con esta actividade para o curso que vén.



27/5/12

Ilusións ópticas


Recursos Coñecemento do Medio

Visitade o noso blog de recursos de Coñecemento do medio para repasar a unidade sobre o traballo:


Recursos matemáticas


Novos recursos no Blog de Matemáticas. Para repasar os corpos xeométricos.

Que é? Onde está?



A última foto de Cangas estaba tomada no Paseo Marítimo que está ao lado dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova).
Acertaron e comentaron esta foto: Ángela, Valeria, Rafa, Julio e Brais Lagoa.

Agora tedes que averiguar onde está feita esta foto que nos enviou a nai de Isaac:


Veña, a ver se vos animades a participar, que andades un pouco perezosos!

Paola atopou un vídeo moi interesante sobre Cangas. Podedes velo no seu blog:

http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/05/paseo-por-cangas-do-morrazo.html

25/5/12

Festival

Por fin, xa chegou o día.
Despois de tanto esforzo xa representamos o noso conto, e o fixemos MOI BEN!!!!!
Traballamos moito, pero mereceu a pena. Noraboa a todos!
Esperando que alguén nos faga chegar un vídeo, aquí están as fotos da nosa actuación:



23/5/12

Preparando o festival

O venres temos o Festival das Letras Galegas e andamos un pouco nerviosos porque imos representar a nosa obra: "Rato Tom e Rata Tomasa".
Xa levamos unha semana de duro traballo cos ensaios e esperamos que todo nos saia ben.
Aquí vos deixamos unhas fotos do último ensaio.



15/5/12

Recursos Letras Galegas

O 17 de maio celebramos na nosa comunidade o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado ao escritor Valentín Paz Andrade. Aquí tedes varias actividades recompiladas doutros centros:

Do CEIP Condesa de Fenosa (O Barco - Ourense):


Actividade Lim:

Do CEIP Frián-Teis (Vigo):




Do CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos - Pontevedra):


CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia - Ourense):



Poemas audiovisuais:














A fraga de Coiro

Hoxe fixemos unha saída estupenda a fraga de Coiro. Unha camiñata ben longa que nos ocupou toda a mañá. Chegamos cansos pero moi contentos, porque foi moi interesante.
Acompañáronnos dous guías da Comunidade de Montes que nos ensinaron e explicaron moitas cousas sobre as plantas e árbores da fraga e tamén da importancia de coidar o monte.
Chegamos ata unha fervenza, merendamos e logo volvemos ao colexio por outro camiño: case 4 horas de paseo.



Polo camiño recollimos moitas mostras de plantas e follas (non as arrincamos) e ao chegar a clase clasificámolas e puxémolas a secar. Máis tarde faremos un traballo con elas.

13/5/12

Jacobo Fernández Serrano



O venres veu visitarnos o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, autor do libro Mil cousas poden pasar, que estamos lendo na hora de ler.
Antes da visita preparamos un traballo sobre os seus personaxes, que expusemos na Biblioteca. Cando rematemos o libro enviaremos o traballo ao seu blog.
A visita estivo moi interesente. Contounos cousas do libro, dos seus personaxes, explicounos como escribía e como facía as ilustracións, ensinounos moitas debuxos e, por último, firmounos os libros e fíxonos un debuxo a cada un.
Como recordo quedaron na Biblioteca dous dos seus debuxos: o río Inrique e Isaías.
O pasamos moi ben. Grazas, Jacobo!



Retos: Londres

Londres é a capital do Reino Unido, e é a nova sede dos Xogos Olímpicos, que se van celebrar entre o 27 de xullo e o 12 de agosto. Será a terceira vez que se celebren nesta cidade.
Sobre este tema investigamos nos retos dos venres. Brais L., Ángela, Iván P., Isaac, Gaby e Roque trouxeron información sobre o tema.



Se queredesmáis información, podedes visitar o blog de Isaac:
http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/05/londres.html

Ou tamén o blog de Iván Pazó:
http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/04/londres.html

Se queredes facer unha visita virtual:
http://virtuallondontour.com/

O próximo reto: 
En Londres está a Abadía de Westminster. Nela está enterrado un famoso físico e matemático inglés, cuxo nome coincide cun alumno da nosa clase. Sabedes quen é?

Os nosos personaxes favoritos: Mario Bross


MARIO BROSS
Mario Bross naceu o 13 de setembro de 1995, e o seu creador foi Shigeru Miyamoto. É o personaxe de Nintendo máis coñecido. A súa principal tarefa consiste en salvar a princesa Peach do malvado Browser.
Familia: Luigi (o seu irmán)
Amigos: A princesa Peach, Toad, Joshy, Estela.
O principal inimigo de Mario é Browser.
Ademais de traballar no seu xogo estrela, Mario Bross tamén participa en  outros xogos como: Super Paper Mario, Mario Galaxy, Mario Kart, …
Habilidades: facerse xigante, facerse anano, disparar bolas de lume …
Iván Pazó Rial



Todos os personaxes de Mario:




Xogos de Mario:


 

Que é? Onde está?

Aínda que a foto era moi fácil, esta vez houbo poucos participantes. A foto (envíada por Roque e a súa familia) estaba tomada no porto deportivo de Cangas.
Os acertantes foron Brais P., Ángela, Julio, David e Valeria. Noraboa e grazas por participar!


Ben, e agora unha nova foto de Cangas. A ver se conseguimos máis participación desta vez. Que é e onde está tomada esta foto?

9/5/12

Retos: Xogos Olímpicos

O reto dos deuses gregos levounos ata os Xogos Olímpicos. Darío, Isaac, Valeria, Ángela, Julio, Ainoa, Andrea, Iván P. e Roque buscaron información e a trouxeron a clase.


OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGUA GRECIA
Os primeiros xogos celebrábanse na antiga Olimpia, en honor a Zeus e os deuses que vivían no Olimpo.
Non había deportes por equipos, e só se lle daba premio ao primer clasificado, e as mulleres non podían participar nin ser espectadoras.
Os xogos se celebraban en agosto, duraban cinco días e os homes competían desnudos.
Había moitos menos deportes e só participaban atletas que falaban grego.
As probas eran carreiras, saltos de lonxitude, lanzamentos de disco e xabalina, loitas, carreiras de carros, ...
No ano 394 dC, un emperador romano prohibiunos e non volveron celebrarse.

OS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS
No século XIX o barón Pierre de Coubertin fundou o Conité Olímpico Internacional e en 1896 celebráronse en París os primeiros Xogos Olímpicos da era moderna.
A Chama Olímpica é o símbolo máis importante dos xogos. Encéndese en Gracia e é transportada facendo relevos coa antorcha.
Celébranse cada catro anos e hai dous tipos: X.O. de Verán e X.O. de Inverno, e participan atletas de todas as partes do mundo, homes e mulleres.
Os próximos Xogos van celebrarse este ano, na cidade de Londres.

Se queredes máis información podedes visitar o blog de Iván Pazó:
http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/04/xogos-olimpicos.html

Ou tamén o de Valeria:
http://oespazodevaleria.blogspot.com.es/2012/04/os-xogos-olimpicos.html

E  Paola fixo unha entrada sobre Gemma Mengual:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/05/gemma-mengual.html



DAVID CAL





Un dos atletas que vai competir tamén nestes Xogos é o piragüista cangués David Cal, que xa ten catro medallas olímpicas conseguidas nos anteriores xogos de Atenas e Pekín.

Se queredes saber máis cousas sobre el, visitade a súa páxina web:


Hai uns meses, antes de marchar para preparar ben a súa competición, David Cal estivo no noso colexio. Estivo explicándonos todo sobre o piragúismo, vimos vídeos das súas regatas e logo fixémoslle unhas preguntas para elaborar unha entrevista. Ao final firmounos unhas fotos.





Agora temos un novo reto. averiguar que cousas interesantes poden visitarse en Londres.

7/5/12

Plástica: preparando o día da nai

Este domingo foi o día da nai, e seguro que todas recibistes os agasallos e o cariño de todos os vosos fillos.
No cole tamén se afanaron en preparar un detalle para vós. Na clase de plástica, coa profe Noelia:



6/5/12

Blogs de recursos

Hai novidades nos nosos blogs de recursos:
No blog de Coñecemento do Medio tedes varias actividades para traballar sobre As máquinas:


 Si visitades o blog de Matemáticas, atoparedes algunhas actividades para repasar as Medidas de Lonxitude:


 E no blog de Lingua, todo preparado para traballar cos Adverbios:


Enerxía eléctrica

Paola, Andrea e Ainoa expuseron esta semana o seu traballo sobre a Enerxía eléctrica.
Un traballo impresionante. Nel ensináronnos as diferentes utilidades da enerxía eléctrica, como funcionan os leds, os motores eléctricos, o electroimán, ... e ao final nos regalaron un pequeno motor para cada un.
Pero o máis sorprendente do seu traballo é que fixeron funcionar un despertador utilizando como pila tres limóns!
Que ben o fixeron!



E recordade que podedes visitar o noso blog de recursos, para aprender moito máis sobre a enerxía:

O aniversario de Roque

Tres aniversarios celebramos a pasada semana. Despois do de Brais, Iván P. tamén celebrou o seu e nos trouxo unhas bolsiñas de chuches. E o venres, Roque estaba de cumple e trouxo unha riquísima torta de chocolate da que, como podedes ver nas fotos, non quedaron nin as migas.
Felicidades aos dous!



Premios entre blogs

A semana pasada o noso blog recibiu un premio. Fomos escollidos como un dos blogs favoritos da nosa compañeira blogueira María, dende o seu blog "A caixa de música". 
Moitas grazas por acordarte de nós!
Agora nós  temos que elexir os nosos 5 blogs favoritos e mandarlles un premio, así que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
  • Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.       


Estes son os nosos blogs favoritos:
Caixa de Música, da nosa compañeira María. Unha fermosa caixa, onde caben moitas máis cousas que música.   
A morada de Buli, o blog da nosa Biblioteca, levado con dedicación por José Ángel. Sen olvidarnos tamén da súa páxina en Facebook:  Buli Coiro
Un monte de ideas, o blog de 3º ciclo do Ceip de Darbo (Cangas), porque me consta todo o traballo que lle dedica Luís.
Biblioblogreboreda, o blog de Biblioteca e Normalización do Ceip Santo Paio de Abaixo (Redondela), cun agarimo especial a Amparo.
O outeiro de Matilda, blog do Ceip Outeiro das Penas, tamén de Redondela,  pola cantidade de veces que o teño visitado para buscar algún recurso.

E porque só podemos escoller cinco, que nos quedan no tinteiro un cento de blogs que traballan ás mil marabillas, e que esperemos que seguindo a cadea alguén os mencione.

1/5/12

Os retos: Apolo e os deuses da mitoloxía grega

As misións espaciais da NASA levaban o nome de Apolo, un deus da mitoloxía grega.
Este foi o noso seguinte reto. Isaac, Roque, Darío, Rafa.Julio, Iván P., Andrea, Ainoa e Ángela investigaron sobre este deus e os demais deuses da mitoloxía grega e expuseron o que aprenderon á toda a clase.


Apolo era o fillo de Zeus, era o deus da Luz, a lóxica e a razón, e era tamén un gran músico e curandeiro.

Se queredes información sobre a mitoloxía grega, visitade o blog de Ángela:
http://odiariodeangela.blogspot.com.es/2012/04/el-dios-apolo.html

Os deuses gregos vivían no Monte Olimpo e en honor a eles se celebraban uns xogos. Pois ese será o noso seguinte reto, averiguar o que sabemos sobre os Xogos Olímpicos, pero os da era moderna.

Aniversario de Brais

O pasado sábado Brais P. estivo de aniversario. Celebrou o seu cumple cunha boa festa a que estabamos todos invitados.
O luns trouxo unha enorme tarta para celebralo na clase.
 Estaba boísima! Non quedaron nin as migas!
Felicidades, Brais!