30/6/12

Recomendamos libros

Dúas lecturas máis, por se queredes aproveitar o verán. Seguirémoas recomendando de dúas en dúas:



O PRINCIPIÑO
Autor: Antoine de Saint Exupèry
Ilustrador: Antoine de Saint Exupèry
Editorial: Galaxia

Todo empeza cando a unha persoa se lle estropea o motor do coche no medio do Sahara, e, de repente, aparece unha persoa: O Principiño, que viña desde a súa casa, o asteroide B612. A súa misión era buscar un amigo entre todos os planetas.
Este libro gustoume porque se utilizaba moito a imaxinación. Este libro deben lelo todos os nenos.
Brais Lagoa




LA GRAN INVASIÓN DE RATONIA
Autor: Geronimo Stilton
Ilustrador: Danilo Barozzi
Colección: Geronimo Stilton
Editorial: Destino

Esta historia empieza en Ratonia, la capital de la Isla de los Ratones. Estaban todos tranquilos hasta que oyeron: ¡¡Gatos a la vista!!, e hicieron el C.O.L.A ( Comité Ofensivo de la Lucha Antigatos). Lucharon contra los Gatos Piratas, vencieron y los gatos se fueron.
A mí este libro me gustó mucho, por los aparatos con los que lucharon y otras cosas innumerables.
Roque Rodríguez

29/6/12

Cangas no pasado

Dentro dos traballos feitos para o proxecto "Polos camiños de Cangas", está un libro que chamamos Cangas no pasado, feito coas fotos antigas de Cangas que enviaron as familias de Brais L., Andrea, Gabriela, Darío, Isaac e Julio, ás que lles damos as grazas pola súa colaboración.
Con estas fotos montamos un libro que estivo na exposición do proxecto e que agora doaremos á Biblioteca.

E aquí está a presentación das fotos:



28/6/12

Libros recomendados




UN FURACÁN CHAMADO OTILIA
Autor: Víctor Raga
Ilustrador: Montse Español Rodié
Colección: O club das ciencias
Editorial: Xerais

O libro nárrao Martiño, un neno o que lle encanta estudar, pero é desagradable coa súa amiga Helena. Helena é unha nena moi alegre e que quere casar con Martiño. Eles viven nun edificio e nese edificio vive o Señor Viramontañas. O Señor Viramontañas axúdalles a eles cos deberes, e eles axúdanlle a el cos seus experimentos.
Con este libro aprendemos os estados da auga, o ciclo da auga, etc.
A amiga do Señor Viramontañas, Otilia, vén a cear e compórtase como unha tola, inundándolles a casa. E, mentres o Señor Viramontañas leva a Otilia ao seu hotel, Martiño e máis Helena quedan a limpar a casa.
O libro encantoume, e ademais recordei moitas cousas como o que son os elementos atmosféricos, e aprendín outras cousas como as capas da atmosfera.
Ángela Cruz




EL PIRATA GARRAPATA EN JAPÓN
Autor: Juan Muñoz Martín
Ilustrador: Antonio Tello
Colección: El barco de vapor
Editorial: S.M.

Es un pirata que se llama Garrapata al que le llegó una nota de Koskorrón, el emperador de Japón. La nota le decía que tenía que ir a luchar contra Chundarata, el emperador traidor. Garrapata fue a luchar contra Chundarata. La lucha comenzó en un barco. Era una lucha con espadas. Garrapata y los suyos se subieron al mástil del barco. Después, cuando Chundarata no estaba atento, bajaron del mástil y fueron a la bodega. El barco se hundió y Chundarata se murió, pero Garrapata sobrevivió. Koskorrón nombró samurái a Garrapata.
A mí me pareció muy gracioso. Yo recomiendo este libro porque es muy interesante cuando luchan.
Daniel Lorenzo Dacosta

27/6/12

Recomendamos libros

Que mellor maneira de pasar o tempo no verán que lendo un bo libro. Se non sabedes cal escoller, estas son algunhas das nosas recomendacións:



O LABORATORIO DO DOUTOR NOGUEIRA
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Francisco Bueno Capeáns
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

É unha señora que estaba sentada no parque con Roberto Nogueira, que lle ofreceu traballo. Despois de pasar moitos días alí, o Doutor  Nogueira ensinoulle o seu laboratorio. Tiña miles e miles de inventos: unha pastilla contra o racismo, para que a xente calva teña pelo, … En xeral era un científico.
A miña opinión é que é un libro moi bonito. Eu recomendó este libro porque é moi interesante. Recomendo que o collades.
Daniel Lorenzo Dacosta




TERROR EN LA CLASE
Autor: Thomas Brezina
Colección: Todos mis monstruos.
Editorial: S.M.

Max tiene 9 amigos que son monstruos. Por culpa de un helado se pusieron malos, les salieron puntos rojos por todo el cuerpo. Max tiene que encontrar para la cura: dientes de tiburón, jugo de sapo y tierra de cementerio, pero él creía que no los iba a conseguir.
Christopher, un compañero de clase, le propuso coger dinte de tiburón de la clase de Ciencias, y en el recreo que acariciara un sapo para coger el jugo. Christopher no le dio los dientes de tiburón, se los cambió por una pastilla rota de jabón.
Max no pudo hacer la cura para sus amigos. Descubrió que los helados de forma de araña estaban envenenados. Fue junto sus amigos y los vistió como humanos, y los llevó a un médico, que les dio un jarabe y los curó.
Me pareció un libro genial, muy chulo.
Rafa Malvido

25/6/12

A enerxía solar

O último traballo exposto sobre a enerxía foi "A enerxía solar", feito por Brais P., Roque e Rafa.






24/6/12

Máis despedidas

E seguimos coas despedida. A verdade que estes rapaces foron moi xenerosos coa profe, que quere darlles moitas grazas polos agasallos.
Entre eles, este poema de Isaac:


Hacia la cima,
subiendo, escalando,
un poco me adelanto.
A la cima llegaré
poco a poco subiré.
En la cima del cole
en dos años estaré.
Junto a ti mucho subí
Geni, gracias te doy así.
                            Isaac

Moitas grazas, Isaac. 


E tamén este vídeo de Gaby:



E xa empezan a aparecer as despedidas nos noso blogs:
Unha divertida despedida veraniega no blog de Iván Pazó:
http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/06/despedida-veraniega.html

Os desexos e saúdos de Andrea:
http://elsitiodeandreagr.blogspot.com.es/2012/06/fin-de-curso.html

O de Gaby, dedicado á profe:
http://gabyholtblog.blogspot.com.es/

Con sesión de fotos, o de Isaac:
http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/06/despedida-de-fin-de-curso.html

No de Valeria, co recordo do último día:
http://oespazodevaleria.blogspot.com.es/2012/06/fin-de-curso.html

O de Paola, con invitación a un chapuzón:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/06/hasta-setembro.html

E o de Roque, pensando xa no próximo curso:
http://ouniversoderoque.blogspot.com.es/2012/06/ata-5.html

Despois do campamento, no blog de Brais L.:
http://braislagoa.blogspot.com.es/2012/07/despedida.html

22/6/12

Despedida fin de curso

Hoxe foi o último día de clases. Rematamos xa o 2º ciclo e pasamos dous anos xuntos nos que pasaron moitas cousas: nos divertimos, nos enfadamos, nos reconciliamos, nos volvemos a enfadar... pero o que seguro que nunca fixemos foi aburrirnos. 
Porque somos curiosos, nos motivamos facilmente, somos traballadores e, sobre todo, gústanos aprender. E aprendimos moitas cousas durante estes dous anos: no cole, na clase, na casa, de todo o noso arredor... e moitas máis que aprenderemos se seguimos con este entusiasmo.
Noraboa, rapaces! E felices vacacións!

E menuda festa que tivemos hoxe!




E para que vexades o ben que o pasamos xuntos, dentro de 15 días nos volveremos a ver. As nosas nais prepararon unha quedada-merenda para que poidamos estar todos outra vez e pasemos unha tarde divertida e xogando.
Será o 6 de xullo as 5 da tarde en Montecarrasco, xunto ao Balcón de El Rei. Traede algo de merenda para compartir e moitas gañas de xogar.
Non faltedes!

21/6/12

Contacontos e despedida musical

Hoxe, penúltimo día de clases, tivemos a despedida na aula e a entrega de notas.
Fixemos moitas actuacións. En primeiro lugar, Ainoa, Andrea e Paola representaron un conto inventado por elas. Trouxeron máscaras, disfraces e marionetas. Brais P axudoulles coa música. Canto traballan estas nenas!


Despois, David deunos un concerto co tambor, interpretando varias pezas. Que ben toca!


Logo Paola cantounos unha canción, tocando a pandereta. Moi ben, Paola!

E seguimos cos números musicais. Darío, Brais L. e Brais P., cantaron unha canción dunha ópera de Verdi. En italiano! Impresionante!


E rematamos os números musicais cunha actuación de Dani e Brais L. acompañados por Ainoa e Andrea que lle facían os coros. Interpretaron "Yo te esperaré", de Cali & El Dandee. O fixeron de marabilla!

Canto artista hai nesta clase!!!



20/6/12

Final de "Aprendemos xogando"

Hoxe tivemos a final do xogo "Aprendemos xogando". A esta final chegaron tres equipos, dous da clase de 4ºA e un grupo da nosa clase: As Supernenas (Ángela, Paola e Valeria)
O concurso estivo moi emocionante e fomos a animalas e, despois de moitos nervios,  ao final GAÑARON AS SUPERNENAS!!!!
Que ben o fixeron!
NORABOA, RAPAZAS!!!!



Dragones



Los dragones

Los dragones son seres mitológicos parecidos a los reptiles, tienen algunos poderes como que echan agua o fuego por la boca o tienen mordedura venenosa. Se representan en sitios como seres buenos y en otros como malos, depende su mitología. Algunos tipos de dragones son:
El europeo: El europeo es un dragón que habita en las montañas altas de Europa, mide 14 metros de largo 4 y 5 metros de altura, tiene muchas púas y su color es verde pálido.
La gárgola: La gárgola es un dragón que habita en los castillos antiguos, mide 5 metros de largo 2,5 y 3 metros de altura y su color es un gris verdoso.
El de las nieves: El de las nieves es un dragón que habita en las regiones polares, mide 12 metros de largo 3,5 y 5 metros de altura, tiene muchas púas y su color es blanco.
El de los lagos: El de los lagos es un dragón que habita en zonas pantanosas, mide 9 metro de largo y entre 1 y 2 metros de alto, tiene aspecto de serpiente y su color es marrón rojizo.
El enano: El enano es un dragón que habita en bosques, mide entre 15 y 30 cm de largo y el color es azul
El chino: El chino es un dragón que habita en sitios montañosos, mide 3,5 y 4,5 metros de alto y 12 de largo y su color es azul.
El cuélebre: El cuélebre es un dragón que habita en las estepas, mide 10 metros de largo y entre 2,5 y 3 metro de alto, solo tiene dos patas y su color es verde pálido.
El africano: El africano es un dragón que habita en la sabana, mide 15 metros de largo y entre 5,5 y 6 metros de alto, solo tiene dos patas y su color es marrón verdoso.

David Bernárdez Miranda



19/6/12

Saída: Museo de Pontevedra e Campo Lameiro

Hoxe tivemos a nosa última saída.
En primeiro lugar fomos visitar o Museo de Pontevedra. Como chegamos un pouco cedo deunos tempo para tomar a merenda da mañá, na Praza da Leña, diante do museo.


No museo visitamos varias salas, con tesouros arqueolóxicos, pero a que máis nos gustou é a que parece a sala interior dun barco. Ata parecía que se movía!
Non nos deixaron facer fotos dentro, así que tivemos que contentarnos coas da praza.
Cando rematamos alí, marchamos a Campo Lameiro, e comimos no exterior do Parque Arqueolóxico.


Despois de comer, e de tomarnos un xeado, comezamos a visita. Empezamos polo centro de interpretación, onde vimos unha película sobre os petroglifos e nos explicaron como vivían os humanos na época en que os fixeron.
Ao rematar, unha boa caminata polo parque. Alí visitamos unha réplica dunha aldea primitiva, coas súas chozas. O noso guía, Alexandre, ensinounos a facer lume con paus. Foi impresionante!
E logo visitamos os petroglifos. Neles había moitas figuras de cervos, e outras en forma de círculos e labirintos.
Ao baixar, estivemos xogando nun labirinto metálico.
Chegamos cansos e con moita fame, así que paramos outra vez a merendar e a xogar un pouco. E as sete da tarde recollimos e fomos para o autobús. De volta a casa!
Unha excursión estupenda, o pasamos moi ben, aínda que a nosa profe parecía un pouco cansa. Non sabemos por que.



18/6/12

Visita a exposición: Polos camiños de Cangas

Hoxe por fin visitamos a exposición Polos camiños de Cangas, na que se mostran todos os traballos feitos no cole co tema do proxecto deste curso. Participou todo o cole, con traballos tamén envíados dende casa.
José María fíxonos de guía e explicounos algunhas cousas sobre Cangas e algúns dos materiais expostos.
Hai un montón de traballos: debuxos, murais, maquetas, aparellos antiguos, fotografías, traxes e ata unha proxección sobre a danza de Aldán. Tamén estban os nosos traballos. 
Gustounos moito, e pareceunos moi interesante.



17/6/12

Saída

O próximo martes facemos a saída de final de curso. Imos visitar o Museo de Pontevedra e o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
Para que vaiades collendo información de cada lugar. aquí tedes os enlaces.





15/6/12

Los osos panda


Los osos panda son animales fuertes, robustos y de color negro y blanco. Pero más blancos que negros.
El primer oso panda se descubrió en China en el año 1.869 porque su hábitat natural es en los bosques bambúes de las zonas montañosas.
Es un animal omnívoro. Se alimenta principalmente de bambú, por eso también se conoce como el oso bambú. Antes se creía que solo comían bambú, años mas tarde se descubrió que durante 10 o 12 horas diarias salen a comer otras plantas como gencianas, lirios, azafrán... incluso comen peces, roedores y pequeñas aves.
Son animales vivíparos, se aparean en primavera, las crías nacen a finales del invierno, se tienen 1 ó 2 osos de cada parto. Las mayoría de las crías a partir del año se van para los zoológicos. De hecho, la primera vez que un panda llegó a un zoológico fue en el año 1.973.
Los osos panda están en peligro de extinción. Una de las razones por las que están en peligro de extinción es por la reducción de su hábitat natural.
Son animales totalmente localizados.
ÁNGELA CRUZ GRAÑA

Atletismo


El atletismo

El atletismo es muy bueno para la salud y te pone en forma. Hay muchas formas de ver el atletismo, si quieres correr se pueden hacer series de 1km,2km o 500 metros. Hay distancias cortas como:50m,60m y 80m. Si no quieres correr se puede lanzar como:

lanzamiento de peso, lanzamiento de martillo, lanzamiento de disco, jabalina y pelota. También se puede hacer longitud o vallas.

Las categorías son: pitufos, minibenjamin , benjamín, alevín, infantil, cadete, juvenil y junior.

El sábado pasado tuve una carrera en Ferrol y la prueba que hice fue lanzamiento de peso. Quedé
Campeona De Galicia con 7,86 batiendo el record de 7,05. Estoy muy orgullosa, como el año pasado que quedé Campeona. Hasta me entrevistaron y voy a salir en la tele.
Valeria Rodríguez Jalda

Piragüismo



Piragüismo

El piragüismo es un actividad deportiva en la que se usan palas para remar en canoas y piraguas. 
Se hacen competiciones que pueden ser en mar o río. Las competiciones se clasifican en: regionales, nacionales, campeonatos del mundo y olimpiadas. Las competiciones se pueden hacer por equipos o en solitario, las de equipos son de dos y cuatro personas. Los trofeos se les otorga normalmente a los tres primeros y también a los clubs con más puntos. 
Hay cantidad de de clubs de piragüismo que compiten todos los años, las categorías son: benjamin, alevín b, alevín a, infantil, junior y senior.  

Isaac Piñeiro Iglesias
Regata en Allariz - 2012




13/6/12

Visita a Cangas


Hoxe por fin fixemos a visita a Cangas, xa pensabamos que o tempo non nos deixaba.
Fomos en autobús ata a estación de autobuses e alí atopámonos coa guía de Turismo. Explicounos moitas cousas sobre Cangas e a súa historia, e sobre a Capela do Hospital, o Mercado, a Casa da Bóla, a rúa Real, a Igrexa, a Fonte do Cabalo, as casas de patín, a Alameda de F. Soage, o Reloxo...
Estivemos tamén dentro da Igrexa e alí contounos cousas moi interesantes.
Foi unha visita moi entretida e moi ben explicada por Raquel, a nosa guía.



Ao rematar a visita dirixímonos a ver un taller de confección: "Brisa Bebé", da familia de Brais P.  No taller traballan varias persoas confeccionando accesorios e complementos para os bebés. Vimos o taller onde cortan as telas, o taller donde as montan e cosen, e a tenda. Alí nos regalaron unha carteiriña para cada un e unhas batas para as profes. Brais tamén estivo explicándonos como funcionaba todo, o fixo moi ben.
Logo merendamos no xardín, e tamén tomamos un xeado.
Foi unha visita moi interesante na que aprendimos moitas cousas sobre este traballo.



Podedes visitar a súa tenda on-line, se facedes clic na imaxe:


12/6/12

Os retos: Galileo Galilei


Galileo Galilei naceu en Pisa (Italia), no ano 1564 e alí estudou mediciña. Tamén fixo estudos de matemáticas.
Aos 25 anos conseguiu a cátedra de Matemáticas en Pisa e máis tarde casou con María Gamba, coa que tivo tres fillos.

Desenvolveu o telescopio en 1610, co que realizou importantes descubrimentos astronómicos: as montañas e cráteres da lúa, estrelas descoñecidas ata entón, as fases de Venus, os satélites de Xúpiter...

Os seus descubrimentos corroboraron a teoría de Copérnico sobre a Terra, o que lle acarreou problemas coa Igrexa. En 1632, Galileo publicou a súa obra Diálogo, na que realizaba unha defensa da teoría heliocéntrica (o sol é o centro e ao seu redor xiran os planetas). O fixo en contra das tesis da Igrexa, que defendía a teoría xeocéntrica (a Terra é o centro e o Sol e os planetas xiran arredor dela).


Foi xulgado pola Inquisición e obrigado a renegar das súas ideas. Aínda que conseguiu salvar a súa vida, quedou confinado nunha vila de Florencia, onde morreu en 1642.






Tamén podedes atopar máis información no blog de Paola:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/06/galileo-galile.html

E o de Isaac:
http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/06/galileo-galilei.html

Textos informativos: Os vampiros


LOS VAMPIROS

Los vampiros son seres monstruosos y no muertos que han vencido a la muerte y regresan para chupar la sangre de los seres vivos. Los vampiros cazan por la noche y se refugian en el día. Todos los temen, pero unos valientes intentan cazarlos clavándoles una estaca de madera en el corazón.


TIPOS DE VAMPIROS

- Vampiros animales: Se llaman chupacabras y chupan sangre de animales de rebaño, sobre todo, las cabras. Se pueden encontrar en Puerto Rico y en México.






- Vampiros vivos: Personas reales que dicen ser vampiros.




- Espíritus vampiros: Vampiros sin cuerpo físico que flotan, aparecen, desaparecen y cambian de forma a voluntad.



- Vampiros no muertos: Humanos atacados por vampiros que se han transformado en criaturas no muertas.




Iván Pazó Rial

10/6/12

O texto informativo: As galaxias

Na clase de lengua Castellana estivemos facendo un traballo sobre os textos informativos. Despois de buscar a información e escribilos tivemos que expoñelos a toda a clase.
Este é o traballo de Roque:

 
Las galaxias

Las galaxias son grandes conjuntos de estrellas que se separan, a causa de esto, alguna galaxia podría chocar contra otra, tal vez escapando. Nuestra galaxia es una “galaxia de espiral”, es decir que tiene varios “brazos”. Nosotros estamos en la punta de uno de esos brazos ; desde donde estamos podemos ver la Galaxia de Andrómeda, una galaxia cercana. Puede ser que algún día la Vía Láctea choque con ella. La Vía Láctea se llama así porque nuestros antepasados, (los de los griegos para ser exactos) la veían blanca, como la leche , entonces la llamaron así.


Roque Barcia González

Os traballos para exposición

Xa está montada a exposición "Polos camiños de Cangas", na que se recollen algúns dos traballos que realizamos este curso sobre o proxecto de Cangas. Tamén hai moitas maquetas enviadas polas familias, traxes típicos, aparellos,...
O noso curso aportou algúns traballos:

Os murais das follas recollidas na fraga de Coiro:




Unha maqueta do faro e a escultura O Galeón, feita por Gabriela, Andrea e Ainoa:



Unha maqueta dun barco pesqueiro traída por Ángela e a sua prima Marta:


O libro "Cangas no pasado", feito en clase coas fotos aportadas polas familias de Brais Lagoa, Andrea, Gabriela, Isaac, Darío e Julio.



O libro "Cangas", feito por todos con imaxes e descricións de lugares de Cangas:


O libro Rato Tom, Rata Tomasa, con debuxos do conto feitos por nós:


Un mural sobre as igrexas e capelas de Cangas, feito por Gabriela e a súa nai:


No mural de Música figuran as fotos de Darío, Brais L., David, Valeria, Paola e Ángela tocando instrumentos:

Quedounos por expoñer o mural sobre Massó que temos no corredor ao lado da clase:


Campiona


Valeria ensínanos orgullosa a súa medalla, conseguida o pasado sábado 2 de xuño en Ferrol.
 É a campiona galega de lanzamento de peso na súa categoría.
Noraboa, Valeria!