22/8/12

Cine no verán

Despois de varios días sen actividade no blog, chegamos outra vez para recomendar unha nova peli para ver no cine este mes.
Trátase de Piratas, unha divertida película de animación que se   pode ver nos cines dende o día 17 de agosto.










Ademais ten unha páxina web moi interesante:
http://www.sites.sonypicturesreleasing.es/sites/piratas/site/


8/8/12

David Cal





Dende o noso blog queremos sumarnos a todas as felicitacións que lle están chegando a David Cal pola súa merecidísima medalla de prata nestes Xogos Olímpicos.
Noraboa, campión!

Se queredes recordar a sesión que tivemos no cole con este fantástico deportista, podedes visitar a entrada que fixemos:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/2012/05/retos-xogos-olimpicos.html

E tamén unha entrada de Isaac  no blog Viaxes e Vacacións:
http://ascousasviaxes.blogspot.com.es/2011/11/piraguismo.html

O día que veu ao cole fixémoslle moitas preguntas, e estas foron as súas respostas:



ENTREVISTA DAVID CAL
Cantos anos tes?
DC: Teño 29 anos.
Por que empezaches a practicar piragüismo?
DC: Porque na praia vía xente facendo piragüismo, quixen probar e gustoume.
A que idade é bo comezar a practicar o piragüismo?
DC: Aos oito anos.
Cantas horas entrenas?
DC: Pola mañá unha hora e media e pola tarde unha hora e media no ximnasio.
En que consiste o entrenamento?
DC: En correr para estar forte, andar en bici, ximnasio e piscina.
Cal das probas que fas che gusta máis?
DC: A de mil metros, porque hai máis marxe de maniobra.
En que probas vas participar nos Xogos Olímpicos?
DC: Vou participar nos 1.000 metros.
Que é máis difícil unhas Olimpíadas ou un Campionato Mundial?
DC: É más difícil gañar nas Olimpíadas.
Cantas canoas tes?
DC: Teño 3 canoas. Unhas para competir  e outras para entrenar.
Practicas outros deportes?
DC: Windsurf e bici (mountain bike)
Cal é o teu deporte favorito?
DC: Ademais do piragüismo, gústame a bicicleta.

7/8/12

Lectura recomendada: Vouvos papar


VOUVOS PAPAR
Autor: Luz Méndez e Pere Tobaruela
Ilustrador: Daniel Xove
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Son dous nenos que se chaman Mucha e Tucho. Coñecéronse chateando polo ordenador e son grandes amigos.
 O que lles pasou foi que cando estaban xogando ao ordenador, chúpaos. Mucha, cando o ordenador a chupou, foi parar a un mundo de xelatina. Tucho foi parar a un mundo cheo de árbores. Nese bosque todo era posible.
Cando saen do ordenador queren escribir un diario para que a xente os crea.
Gustoume moito o conto porque cando os papou deume risa a cara que poñían. E quero que o leades tamén.
Valeria Rodríguez Jalda


Atento

Un xogo de Vedoque para entreterse e traballar a memoria e a atención:


Tamén podes visitar os nosos blogs de recursos e xogar a outros xogos:
http://ascousasdaclaserecursoslingua.blogspot.com.es/2012/08/o-autobus-das-palabras.html


Máis pelis para o verán

O próximo venres 10 de agosto, estrénase nos cines a película Brave. Conta a historia de Merida, unha fermosa princesa que ademais é unha magnífica arqueira.

Imos ao cine

O verán é unha moi boa época para aproveitar e ir ao cine, porque estamos de vacacións e porque estrean moitas películas.
No mes de xullo xa vimos na carteleira as novas películas de Spiderman e Batman:






E tamén a nova película, divertidísima, dos personaxes de Madagascar:






E neste mes de agosto, moitas máis películas para elexir.

6/8/12

2ª Merenda en Montecarrasco

O pasado venres 3 de agosto foi a 2º xuntanza-merenda en Montecarrasco.
Mayte, a nai de Isaac, enviounos as fotos do evento:


O Curiosity chega a Marte


O robot explorador Curiosity da Nasa chegou á superficie do planeta Marte hoxe luns ás 7:18, despois dunha viaxe de 567 millóns de quilómetros. O robot pousou no cráter Gale, un lugar onde houbo auga hai 3.000 millóns de anos, segundo os científicos.
O Curiosity leva os instrumentos científicos máis avanzados para poder tomar mostras do chan e do po rochoso de Marte, para a súa análise. A duración da súa misión será dun ano marciano (1,88 anos terrestres) e ten catro obxectivos: determinar se existiu vida algunha vez en Marte, estudar o clima do planeta, estudar a súa xeoloxía e prepararse para a exploración humana de Marte.

http://www.nasa.gov/mission_pages/msl/index.html

5/8/12

Novo deseño


Xa estamos preparando o blog para o próximo curso, así que a partir de agora imos facer cambios no seu deseño e nos seus contidos.
Empezamos por cambiar a plantilla, tanto neste blog como nos  de recursos. Espero que vos gusten.