18/12/12

Bicho raro nº5: O pangolín


Pois este é o bicho rao nº5, chámase Pangolín e aínda que ten escamas é un mamífero. É un animal parecido ao armadillo, pero non é o mesmo animal.
Esta vez só temos tres acertantes: Anxo, Iván e Hugo E. Noraboa aos tres!
Se queredes saber máis:
http://www.faunatura.com/misterios-naturaleza-pangolin.html

17/12/12

Biblioteca

Menuda semana de diplomas da Biblioteca. Estamos imparables: Sara, Salka, David e Noa outra vez conseguiron diplomas, e ademais Noa ten un agasallo por ir xa no 4º caderno.
Noraboa a todos!






O día do temporal foise a luz na hora de ler e non tiñamos claridade na clase, pero iso non é suficiente para quitarnos as ganas de ler: no corredor pódese ver mellor:



Receitas de cociña internacional: Crépes

Na clase de Lengua Castellana estivemos traballando as recetas, e como falamos de outros países decidimos facer unha recompilación das nosas receitas favoritas da cociña de outros lugares.
Hoxe comezamos pola receita de David, unha receita de crepes, orixinarias de Francia:




CREPES,Francia.

Ingredientes
500g   de   leche  
250g  de   harina
2   huevos
sal
aceite  o  mantequilla.

Preparacion
1. Se  mezcla  todos   los    ingredientes   en   un   bol   y  se  baten   con  la  batidora.
2. Se   deja  reposar   la  mezcla  en  la   nevera   media   hora.
3. Se   unta   una   sarten con   mantequilla, se  pone al   fuego   y    se   van  poniendo cucharadas   de   la   mezcla    anterior  cubriendo  el  fondo   de  la  sartén.
                 Cuando  este  cuajado   se  le  da  la  vuelta.
                                                                                            David González Piñeiro


16/12/12

Recursos: animais

Non te olvides de visitar o noso blog de recursos de C. do Medio, temos máis contidos sobre animais:

E aqui tedes outro episodio da serie Minuscule. Chámase O caracol feo:

11/12/12

Recursos Nadal

Actividades de Nadal de Vedoque:


Lim sobre tradicións de Nadal, de Ana Martínez Rey:


Decora a túa árbore de Nadal:


Un pouco de música:


Fai un boneco de neve:



Crea a túa propia felicitación de Nadal:




Crea a túa paisaxe de Nadal:



Máis recursos de Nadal neste blog:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/2011/12/nadal.html





Curtametraxe animada: Presto

Hoxe vos deixamos no blog unha nova curtametraxe de Pixar chamada Presto. Xa veredes que divertido é.

10/12/12

Que bicho máis raro (5)


Este si que é outro bicho raro, parece un guerreiro coa súa armadura.
Sabedes como se chama?
Veña, que non é tan difícil.

9/12/12

Biblioteca

Xa temos os datos estatísticos dos préstamos realizados na Biblioteca Escolar.


No mes de outubro o noso curso de 3ºA foi o campión en número de préstamos, en total 143.


No mes de novembro baixamos a 92, que tamén está moi ben. pois só nos superaron os alumnos de 2ºB.
A ver se conseguimos seguir así de ben!
Ademais esta semana chegounos un novo diploma da Biblioteca: Noemi xa ten o segundo diploma de lectura e está toda contenta. Así se fai!


Que bicho máis raro: o picozapato


Pois o bicho raro nº 4 é esta ave tan peculiar, chamada picozapato, ou tamén shoebill e whalehead en inglés.
E, aínda que era algo difícil, temos algúns acertantes: Hugo E., David, Víctor, Anxo e Sara.
Noraboa aos cinco!

Podedes atopar máis información sobre este animal no seguinte enlace:
http://eos-v.blogspot.com.es/2010/02/picozapato-balaeniceps-rex.html

4/12/12

Museo del Prado



El Museo Nacional del Prado está ubicado en Madrid, España. Es uno de los más importantes del mundo, así como uno de los más visitados.
Es un museo rico en cuadros de pintores europeos, de los siglos XVI al XIX. Su principal atractivo es la presencia de Velázquez, El Greco, Goya, Tiziano, Rubens y El Bosco.
Se inauguró el 19 de noviembre de 1819, hace 193 años. Tiene una superficie de 45.000 metros cuadrados aproximadamente.
Nahuel Sosa Maldonado 3ºA


Fósiles



Víctor trouxo a clase uns fósiles. Tiñan forma de cuncha, de moluscos prehistóricos atopados nun pobo de Burgos, onde fai millóns de anos había un océano.



Los fósiles los encontré en Moncalvillo de la Sierra. Está a 900 m. de altura al lado de Salas de los Infantes, en Burgos.
Víctor Cestay 3ºA 

2/12/12

Cine: El origen de los guardianes


Esta fin de semana estreouse  "El origen de los guardianes", unha película de animación baseada nos libros de William Joyce.
Conta a historia de personaxes lexendarios: Santa Claus, o Coello de Pascua, a Fada dos Dentes e Jack Escarcha, que unen as súas forzas para loitar contra Sombra, un espíritu maligno, e protexer os desexos e a imaxinación de todos os nenos.

Que bicho máis raro (4)

Aquí temos outro bicho raro. Parece que está enfadado.
Sabedes como se chama?
Veña, ánimo, participade!