12/3/13

O bicho raro nº 10: O loris


Pois esta vez parece que foi un pouco máis difícil. Este animal é un loris (nycticebus), un pequeno primate que vive en Asia e está en perigo de extinción.
Poucos acertantes: Nahuel, Víctor, Hugo E. e Anxo foron os únicos que o acertaron. Noraboa!
Para máis información:

Co loris xa damos por rematada esta actividade dos bichos raros, pero continuaremos cunha nova actividade na que tamén serán protagonistas os aninmais. Estade atentos!

11/3/13

Matemáticas: iniciamos a división


Xa están no blog de Matemáticas os primeiros recursos para que vaiades comezando a practicar a división. Son exercicios e xogos moi sinxelos e entretidos.

Londres: Museo de Historia Natural



O Museo de Historia Natural de Londres (Natural History Museum) trata da Terra e das diferentes formas de vida que se orixinaron nela e a súa evolución. Ten unha gran colección formada por máis de 70 millóns de exemplares e obxectos relacionados co mundo natural.


Unha das coleccións máis importantes e visitadas é a dos dinosaurios. Nesta sección están expostos enormes esqueletos de dinosaurios e é  a parte favorita dos nenos.



Londres (Anxo)


O ano pasado fun a Londres.
En Londres hai moitas cousas, como a noria London Eye. o Big Ben, un acuario e algúns restaurantes. Algunhas rúas son moi bonitas e tamén o Palacio de Buckingham. Ata podes visitar onde se fixeron as películas de Harry Potter.
ANXO DACOSTA PORTELA


Museo Británico: A colección exipcia

 

A COLECCIÓN EXIPCIA NO MUSEO BRITÁNICO



Londres: Museo Británico (Noemi)


O Museo Británico ( en inglés British Museum) é un museo dunha cidade de Londres, Reino Unido.
As súas coleccións abarcan campos diversos do saber humano, como a historia, a arqueoloxia, a etnografía e a arte.
O museo foi unha das primeiras instalacións deste tipo en Europa.

The British Museum is a museum of the London City, United Kingdom.
The collections have any field ofn the  human knowledge, how the history, the archaelogy and the art.
The museum was the first institution of this type in Europe.
NOEMI GARCÍA PAREDES 3ºA


7/3/13

Londres (David)


Cando eu tiña un ano estiven en London. 
É unha cidade con moitos monumentos: o Big Ben, que está no Parlamento, o Tower Bridge, Buckingham Palace (o Palacio Real), onde todos os días os soldados fan o cambio de garda.
Tamén hai unha noria xigante que se chama o Ollo de Londres porque se pode ver toda a cidade.
Tamén hai moitos museos, como o British Museum , que ten obras moi importantes, e ata unha parte do Olimpo de Grecia, o Museo de cera, o Museo de Arte Moderno ou o Museo de Ciencias Naturais, onde hai moitos dinosaurios.
DAVID GONZÁLEZ PIÑEIRO 3ºA

Londres (Nahuel)



Londres (London) é a capital de Inglaterra e do Reino Unido.
Situada no río Támesis, no sureste da illa de Gran Bretaña. É a maior cidade de Europa e a máis diversificada culturalmente. Londres é a casa de máis de 7 millóns de persoas.
Na gran cidade de Londres hai catro lugares importantes, que son patrimonio mundial: a Torre de Londres, o asentamento de Greenwich o Real Xardín Botánico de Kew e a igrexa de Santa Margarida.
En Londres fálanse máis de 300 linguas.
NAHUEL SOSA MALDONADO 3ºA


Xardín botánico de Kew


A Torre de Londres


Greenwich


Igrexa de Santa Margarida

5/3/13

Dinosaurios: Ankylosaurio


El ankylosaurio es un enorme dinosaurio herbívoro . Mide más de diez metros de largo y se protege por un caparazón.
El ankylosaurio es tan largo y tan rígido que no puede  ponerse patas arriba. Se   defienden  de  sus  enemigos  con  un  golpe macizo  de  la   extremidad   de  su  cola. Algunos  ankylosaurios avanzan  pesadamente, balancean  sus pesadas  colas  en forma de  porra  para  advertir  a otros dinosaurios  que  mantengan  la distancia.
Se  han  encontrado  muchos   fósiles  en  América  del   Norte.
AARÓN y MIGUEL 3ºA