29/4/13

Gústanos ler: Querido inimigo


Título: Querido inimigo
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Tesa Gonzalez
Editorial: Edebé

Este libro trata dunha nena que lle ten moito medo aos cans, e aos que máis lle ten medo son aos cans grandes. Pero ao final se lle quitou o medo porque sabe que se ti non lles fas nada, eles tampouco a ti.
Gustoume moito porque explica porque non hai que terlle medo aos cans.
IVÁN DEL RÍO GESTIDO

28/4/13

Bichos no museo: Que animal ten esta dama?


Este cadro foi pintado por Leonardo Da Vinci en 1490. É un retrato dunha dama de Milán chamada Cecilia Gallerani. Nas súas mans ten un animal branco, que dá nome ao cadro.
Para contemplar esta pintura temos que viaxar a Polonia, ao Museo Czartoyski de Cracovia.
Se conseguides averiguar o nome do cadro, saberedes cal é o nome do animal que esta dama ten no seu regazo.
Veña, ánimo que non é moi difícil.

23/4/13

Día do libro

Hoxe celebramos o Día do Libro. A Biblioteca volveu organizar a actividade de apadriñemento lector e esta vez, como xa estamos en 3º xa somos padriños, cada un co seu afillado.
Na hora de ler fomos a buscar aos nosos afillados lectores a 1º e Ed. Infantil, buscamos un sitio no cole e limos os nosos contos.
 Mirade que ben o fixemos e que ben o pasamos lendo!

21/4/13

Bichos no museo: os tres animais do Guernica

Xa temos a solución á pregunta dos tres animais que aparecen no cadro do Guernica. Son un cabalo, un touro e unha pomba.




E a verdade que tivemos moitos gañadores, que resolveron ben o enigma: David, Nahuel, Sara, Yazmina, Hugo C., Hugo E., Víctor, Iván, Anxo e Alba G.
Noraboa a todos, e seguide atentos porque pronto teredes que investigar sobre outro bicho no museo.



18/4/13

Museos París: O museo do Louvre

París é unha cidade onde tamén hai numerosos museos que visitar. Esta é a nosa primeira proposta

MUSEO DO LOUVRE:




É o museo máis importante de Francia e o máis visitado do mundo, con máis de oito millons de visitantes cada ano.
O museo está no Palacio do Louvre, unha fortaleza iniciada no século XII e que foi residencia real. No ano 1939 construiuse unha pirámide de cristal que serve como porta de acceso ao museo.
No museo se expoñen 35.000 obras, organizadas de forma temática: antigüidades orientais, antigüidades exipcias, antigüidades gregas, romanas e etruscas, historia do louvre, pintura, escultura,...




A obra pictórica máis importante e visitada do museo é o cadro da Gioconda, de Leonardo Da Vinci.

Moi visitada e importante tamén é a colección de Antigüidades Exipcias.



17/4/13

Saída ao Parque Natural de Barosa


Hoxe fixemos unha saída para coñecer o Parque Natural do río Barosa. Un lugar moi bonito.
Primeiro ensináronnos o río, que baixaba con moita auga.
Despois faláronnos do millo e do trigo, as súas diferencias e as fariñas que sacaban deles.
Logo visitamos o muíño, onde moen o gran para sacar a fariña, e o forno, onde fan o pan. Jose, Miguel e Sara fixeron de muiñeiros!



Cando saímos do muíño fomos facer unha ruta de sendeirismo. Non era moi longa, pero si moi empinada e custaba subir. A profe quedou atrás!
E cando baixamos, a merenda. Que fame tiñamos! Tomamos zume, magdalenas, galletas e chocolate.
E ao rematar a merenda tivemos un obradoiro para aprender a amasar. O pasamos moi ben, fixemos moitos panes e acabamos cheos de fariña.
Cando volvemos ao autobús levamos un boliño de pan para cada un.
O pasamos moi ben. Ata no autobús, porque fomos cantando e resolvendo misterios.


Se queredes máis información sobre o parque, este é o seu enlace:


BAROSA Espacio Gastronatural from Zinqin on Vimeo.

16/4/13

Gústanos ler: A pedra e as formigas


Título: A pedra e as formigas
Autor e ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais

Este conto trátase de dúas formigas, unha xirafa e unha nena.
As dúas formigas pasan por un bosque e se preguntan quen vivirá alí. Logo ven unha luz entre as árbores e aparece unha xirafa na luz. Logo ven unha pedra e dentro escoitan unha voz que cantaba. Colleron a pedra e fóronse, a tiraron e rompeu en sete cachiños, pero non había ninguén. Entón pasou unha xirafa e botou unha raiola e a nena saiu, pero non era unha, eran sete nenas e as formigas leváronas ao formigueiro e as nenas cantaron.
Gustoume moito porque  cando se rompeu a pedra en cachiños non estaba ninguén e púxose interesante.
ALBA GARCÍA BERNÁRDEZ

11/4/13

París: vídeo



París (Víctor)


París é unha cidade moi grande de Francia e a quinta maior de Europa. Ten 2.257.981 habitantes. realmente é a capital de Francia.
levaría dúas horas viaxar de Vigo a París en avión. Ao chegar alí teríamos que falar en francés para entender os parisienses.


O río Sena pasa por esta cidade. Ademais podemos visitar unha torre chamada Eiffel, que mide 324 metros.


O museo máis famoso é o Louvre, onde está a Mona Lisa.


Bandeira e escudo de París

VÍCTOR CESTAY ESTEBAN


París (Nahuel)



París é a capital de Francia e está ao norte do país. É unha das cidades máis fermosas e visitadas do mundo. En París fálase francés.
París ten moitos monumentos: A Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, a Avenida dos Campos Eliseos, o Arco de Triunfo, o Arco da Defensa, a Ópera de Garnier entre outros.

Torre Eiffel

 Catedral de Notre dame

Campos Eliseos e Arco de Triunfo

 Ópera Garnier

Arco da Defensa

Está moi comunicada cos trens e autobuses, ademais de dous aeroportos: Orly e De Gaulle. Tamén pode visitarse alugando bicicletas.

Aeroporto de Orly

A cociña é moi recoñecida e importante, ten moita variedade de queixos e panes.

Queixos franceses

NAHUEL SOSA MALDONADO

Visita ao museo de dinosaurios: Ed. Infantil

Esta semana continuamos coas visitas guiadas ao noso Museosaurus, o museo de dinosaurios. Agora recibimos ao alumnado de Ed. Infantil de 5 anos.


Gústanos ler: O home que non quería soñar


Título: O home que non quería soñar
Autor: Álvaro Magalhäes
Ilustradora: Enjamio
Editorial: Xerais

Trátase dun home que non quería soñar. Coidaba que non debía perder tempo con cousas que, na súa opinión, non existían ou non podían acontecer.
Gustoume, porque hai libros que aburren un pouco pero este divertiume.
NOEMI GARCÍA PAREDES

10/4/13

Bichos no museo: O Guernica



Este cadro é o Guernica, pintado por Pablo Picasso en 1937. Podedes velo no museo Reina Sofía, en Madrid.
O cadro representa o bombardeo da localidade vasca de Guernica durante a Guerra Civil Española.
Nel podemos ver moitas persoas sufrindo polo dolor que lle están causando.
Dentro do cadro tamén hai tres animais, e esa é a nosa pregunta:
Que tres animais están representados no cadro do Guernica?
Esperamos as vosas respostas. Asegurádevos de enviar correctamente os vosos comentarios.

Gústanos ler: Hop Frog


Título: Hop Frog
Autor: Edgar Allan Poe
Ilustradora: Alberto Vázquez
Editorial: OQO

O libro trata dun rei moi bromista que tiña un bufón e tamén unha bailarina, amiga do bufón.
Un día o rei tratounos mal e, para vingarse, o bufón preparoulles un xogo que era uns chimpancés encadeados. Hop Frog encadeou o rei e os sete ministros e queimounos.
Gustoume porque a min encántanme as historias de medo.
DAVID GONZÁLEZ PIÑEIRO

9/4/13

Visita ao museo de dinosaurios

A semana pasada iniciamos as visitas guiadas ao Museosaurus, o museo de dinosaurios de 3ºA.
Viñeron os alumnos de 1º e explicámoslle como é o MUJA e as características dos dinosaurios que temos no noso museo.


Londres: mural

Os alumnos de Atención Educativa remataron o mural da cidade de Londres:





Gústanos ler:


Título: Sedna, a deusa do mar
Autor: Xoán Abeleira
Ilustradora: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais

O libro tarta dunha anciá que lles conta un conto ao seu neto e a súa amiga. Cando a anciá acabou o conto, a amiga do seu neto tivo un pesadelo ca protagonista do conto.
Gustoume porque a historia é moi interesante.
SARA ABAL ÁLVAREZ

8/4/13

Bichos no museo: o can das Meninas


Ben, xa temos a solución á pregunta de que raza é Salomón, o can que aparece no cadro das Meninas: é un mastín español.
E temos moitos acertantes: Noemi, Iván, Sara, Alba G., Yazmina, David, Nahuel, Hugo E. e Anxo.
Se queredes máis información sobre os cans de esta raza podedes visitar o seguinte enlace:

Por certo, sabedes que hai un libro sobre este can? Chámase A verdadeira historia do can Salomón, foi escrito e ilustrado por Miguel Fernández Pacheco e levou o Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María.




E aquí tedes unha bonita presentación sobre o cadro das Meninas:


Las Meninas de Velázquez from Julia Testa

Seguide atentos, pois pronto iremos a outro museo e a outro cadro en busca de novos bichos.

Gústanos ler: Ota quere voar


Título: Ota quere voar
Autor: Ánxela Loureiro
Ilustradora: Santiago Eiroa Pazos
Editorial: Xerais

Trata dunha gaivota que non sabe que é. Cando sae do ovo a súa nai lle di que é unha gaivota. Tivo unha irmá e quería aprender a voar.
Un neno atrapouna e conseguiu fuxir e ter moitos amigos, e volver cun novo amigo á súa casa.
Gustoume porque ota conseguiu voar e ter moitos amigos. O seu amigo Paul lle deixou durmir no seu niño e con el conseguiu chegar a súa casa onde naceu.
            NAHUEL SOSA MALDONADO

7/4/13

Recursos matemáticas: horas e división

Novos contidos para practicar no blog de recursos de Matemáticas.
Podes practicar a división:


E practica as horas no reloxo:



Polinización

Anxo enviounos un fermoso vídeo sobre a polinización:

Biblioteca: estatísticas do mes de marzo

A Biblioteca xa publicou os resultados do número de préstamos do mes de marzo.



Non somos os que màis préstamos fixemos, pero temos un número moi importante deles. Ademais estamos a facer un esforzo por coller lecturas máis complexas e axeitadas á nosa idade, e o estamos conseguindo. Noraboa!

Gústanos ler: O guindastre


Título: O guindastre
Autor: Reiner Zimnik
Editorial: Kalandraka

O libro trata dun home cun gorro azul que consigue ser o home que faría funcionar e mover o novo guindastre.
No guindastre carga e descarga mercancía e, ademais de vivir nel, sucédenlle moitísimas aventuras.
Gustoume porque sucederon moitas aventuras, unhas tristes e outras non tan tristes. A que máis me gustou foi cando coñece a unha águia.
ÁNGEL FERVENZA MARTÍNEZ

4/4/13

Temos un novo blog!!! As cousas que levamos a clase


Pois si, parece mentira pero a partir de hoxe temos un novo blog que se chama As cousas que levamos a clase.
E é que a estes nenos de 3ºA lles gusta tanto traer cousas a clase para ensinalas e compartilas cos compañeiros que a profe xa non sabía que facer coas fotos.
Agora podedes velas todas xuntas neste novo blog. O seu enderezo:


Ou tamén podedes seguilo no apartado de blogs da clase.
Así que xa sabedes, se levades algo a clas non esquezades de pedirlle á profe que faga unha foto, ou dúas.

Biblioteca

Moita actividade na Biblioteca durante o mes de marzo:
Novos diplomas e premios para  Alba G. e Hugo C.



Máis mochilas viaxeiras:

Alba G. e Hugo E.

David e Iván

E o premio para Anxo e Iván pola actividade de Onde vai Buli?


3/4/13

Gústanos ler: As fadas verdes

Título: As fadas verdes
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustradora: Asun Balzola
Editorial: SM

O libro trata dun verán moi seco no que o lume arrasou o monte e case acabou coas fadas verdes.
Gustoume moito porque aprendín que non debes prender lume no bosque

NOA AMATRIAÍN MIRANDA

2/4/13

Bichos no museo

Xa estamos de volta. Empeza un novo trimestre e imos renovar algunhas cousas no blog.
A primeira é que comezamos un novo xogo  chamado Bichos no museo, no que buscaremos obras de arte polos museos nas que aparezan animais. E teredes que investigar un pouco e contestar algunhas preguntas.
Este é o primeiro. Mirade con atención este cadro:


Este é o cadro de Las Meninas, que foi pintado por Diego de Velázquez no ano 1656. Está no Museo del Prado en Madrid.
O cadro representa a Infanta Margarita (a nena que está no centro do cadro), filla dos reis, coas súas damas de compañía, as Meninas.
No cadro tamén sae representado un animal. É un can que se chama Salomón.


Pois a nosa pregunta é a seguinte:
Sabedes de que raza é o can Salomón? 
Esta vez ides ter que investigar un pouquiño. Esperamos as vosas respostas.