22/5/13

Ortografía divertida

Visita o blog de recursos de lingua e repasa a ortografía dun xeito divertido e xogando.

Anicara

Le as instruccións e forma caras. Este xogo tamén o podes atopar no blog de recursos de lingua.


Exipto. Vídeo: As pirámides de Exipto

Este é outro vídeo máis enviado por Anxo, para que coñezamos cousas sobre os exipcios. Trátase dun episodio de debuxos animados do Show de Cantinflas, dedicado ás pirámides de Exipto.

Gústanos ler: A encontadora


Título: A encontadora
Autor: An Alfaya
Ilustrador: Chus Ferrín
Editorial: Xerais

Gloria fai unha viaxe polo mundo e vaise encontrando cos amigos: Roberto, Crispín, Eleonora, Inés e Xulia.
Gustoume porque ten cousas que explica o que lle pasoua Gloria na súa viaxe.
Anxo Dacosta Portela

15/5/13

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño


Xa sabedes que mañá é o Día das letras Galegas, e que este ano está dedicado ao escritor Roberto Vidal Bolaño. 
Ademais do que traballamos en clase, se queredes saber máis cousas sobre este personaxe visitade o blog da Biblioteca e alí podedes atopar recursos sobre el.

Exipto: Érase unha vez o home

Anxo enviounos outro vídeo sobre Exipto. Esta vez é un episodio da serie Érase unha vez.
Seguro que tamén vos gusta moito.

Gústanos ler: Un día de caza



Título: Un día de caza
Autor: Xoan Abeleira
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais

Trata dunha nena chamada Nunavut. Ela pelexaba con outros nenos.  Ela desexaba cazar. Preguntoulle ao seu pai se podía ir cazar con el e díxolle que non.
Gustoume, é xenial porque despois a nena Nunavut axudou a un narval e a un paxaro.
Adán Dacosta Figueroa

14/5/13

No museo do Cairo: a canción de 3ºB

Os nosos compañeiros de 3ºB tamén están preparando unha canción para o festival. A canción chámase No museo do Cairo, e leva a música de Walked an egyptian de The Bangles.



E aquí está a letra:

Festival: pintando

Para o festival estamos facendo moitos preparativos.
Ademáis de preparar a canción tamén estamos pintando o sarcófago e un mural.









Exipto: Martin o exipcio

Anxo enviounos este vídeo dunha serie de tv: Martin Martin. Neste capítulo Martin convértese nun príncipe exipcio.

A tartaruga mariña

Esta é a presentación que fixeron  Anxo e Ángel sobre un animal en perigo de extinción. Eles escolleron a tartaruga mariña:

Bichos no museo: A vaca amarela


Ollo! Rectificamos os datos do cadro porque nalgunhas páxinas de Internet o relacionan con outro famoso pintor: Kandisky
Este cadro chámase A vaca amarela. Podemos velo no museo Solomon R. Guggenheim en New York.
O cadro, pintado no ano 1911, representa unha vaca pintada con vivas colores. O seu autor é un pintor alemán, amigo do pintor ruso Kandisky.
Con estas pistas xa temos información suficiente para averiguar a nosa pregunta:
Como se chama o pintor deste cadro?






13/5/13

Festival: preparando o baile

Xa estamos ensaiando a canción, e imos collendo ideas para facer unha pequena coreografía. Deixamos aquí dous vídeos de Michael Jackson co seu tema Remember the time, pois podemos coller algunha idea para facer algúns pasos de baile.
Este primeiro video é un pouco longo. O baile está a partir do minuto 6:10.



Este outro é dunha actuación onde Michael non baila, pero si os bailaríns que o acompañan.

12/5/13

Festival: preparando as cancións

Xa comezamos preparar o Festival das Letras Galegas, que este ano será en xuño.
Imos facer unha actuación con dúas cancións, cada unha  preparada por un curso.
A canción de 3ºA ten como base a canción Rumour has it de Adele. A nosa chámase O Faraón. Tedes aquí o vídeo coa canción e a letra por se queredes ir practicando.



E aquçi tedes o enlace para a letra:





7/5/13

Bichos no museo: A dama do armiño




Pois xa sabemos que tipo de animal ten a dama no seu regazo: é un armiño, un pequeno mamífero parecido a un hurón.



E temos varios acertantes: Nahuel, Alba G., Sara, Yazmina, Anxo, David, Hugo E. e Víctor. Noraboa a todos.
Máis información sobre os armiños:





1/5/13

Biblioteca: abril

Pouco movemento este mes co relación á Biblioteca. Seguimos coas mochilas viaxeiras. Esta vez tocoulle a Fran e Víctor.


E, como non, Noa segue coa súa imparable colección de cadernos. Xa perdemos a conta dos que leva.