22/6/13

Vacacións

Xa tedes preparados os documentos en Google Drive para que poidades traballar neles durante as vacacións.
Un é un documento no que podedes engadir textos e imaxes, e o outro é unha presentación.
Con eles podedes practicar todo o que aprendimos durante o curso e, de paso, contarnos cousas das vosas vacacións.

21/6/13

Fin de curso

Hoxe tivemos a festa de fin de curso. Por culpa do tempo non puidemos facer os xogos de auga, pero fixemos outros moi divertidos.

20/6/13

Saída fin de curso

O martes fixemos a excursión fin de curso, fomos a A Coruña. A viaxe durou dúas horas pero non o notamos pois íamos contando enigmas. Resolvimos un montón deles.
O primeiro sitio onde fomos foi A Casa das Ciencias. Ao chegar subimos ao Planetario para ver A noite do vampiro, a historia do conde Von Siro e o seu axudante Dagoberto. Ensináronnos como son as estrelas, as galaxias, as constelacións e os planetas do Sistema Solar.
Cando rematamos a sesión no Planetario visitamos a Casa das Ciencias. O pasamos pipa cos xogos que teñen alí.



Ao rematar na Casa das Ciencias xa era a hora de comer, así que marchamos a Casa do Home (Domus). Comemos no comedor que teñen na planta baixa e logo fixemos unha visita rápida ás exposicións.




E as catro da tarde marchamos ao Acuario (A casa dos peixes). Alí recibiunos Mónica, a nosa guía, que nos levou visitar todo o Acuario: o Nautilus (había un tiburón enorme), as focas e a sala principal. Foi unha visita estupenda.



E estas son as nosas opinións sobre a excursión:

O tigre de bengala

Traballo de Iván e Jose sobre o tigre de bengala:

O oso pardo

Traballo de Sara e Hugo C. sobre o oso pardo:

O oso panda

Traballo de Alba G. e Noemi sobre o oso panda:

O lobo ártico

Traballo de Alba D. e Salka sobre o lobo ártico:

O lince ibérico

Traballo de Nahuel e Yazmina sobre o lince ibérico:

O leopardo

Traballo de Noa e Víctor sobre o leopardo:

A balea azul

Traballo feito por Aarón e Miguel sobre a balea azul:

16/6/13

Exposición sobre a tumba de Tutankhamon

Estas fotos foron tomadas no verán de 2009 en Barcelona, nunha exposición sobre a tumba de Tutankhamon. As pezas son réplicas e podemos saber como eran cando as colocaron na tumba deste faraón.


Bichos no museo Campo de trigo con corvos

Un montón de acertantes na actividade Bichos no museo: Víctor, Miguel, Noemi, Sara, Hugo C., Alba G., Iván, David, Anxo, Hugo E. e Susana (nai de Anxo)
O cadro de Van Gogh chámase Campo de trigo con corvos. Van Gogh pintouno poucos días antes de morrer.




Este cadro está no museo Van Gogh en Amsterdam (Holanda):

Os cadros de Van Gogh son moi famosos. Nós xa estivemos traballando con un deles: Os xirasois, pero tamén hai outros igual de coñecidos:





9/6/13

Festival

Ben, xa tivemos o Festival, e por suposto todo saiu moi ben.
Noraboa a todos polo traballo!
En especial queremos agradecer a Susana, a nai de Anxo, polo seu marabilloso traballo, pois foi ela a que elaborou o sarcófago e os murais que logo nós decoramos.
Moitas grazas de parte de todos!
Tamén queremos dar as grazas a todos os profes que nos axudaron cos preparativos: Paz, a nosa profe de Música, e Lourdes e Loli, que colaboraron nos decorados.
E aquí vos deixamos un adianto das fotos, pronto teremos as fotos oficiais do cole.

Bichos no museo: Van Gogh


Este cadro é dun famoso pintor: Van Gogh. Foi o último cadro que pintou, no ano 1890.
Está no Museo Van Gogh en Amsterdam.
Nel podemos ver un campo de trigo polo que pasa unha bandada de paxaros.
O que tedes que averiguar é que aves son as que aparecen neste cadro.
Seguro que vos resulta moi fácil.

2/6/13

Exipto

Outro vídeo máis para que coñezades máis cousas sobre o Antigo Exipto:

Bichos no museo: A vaca amarela

Pois temos cinco acertantes da última pregunta de Bichos no museo. O autor da obra A vaca amarela é Franz Marc, un pintor alemán.


Os que contestaron a resposta correcta foron: Anxo, Víctor, Alba G. e David.

Se queredes máis información sobre este autor podedes consultar estas páxinas:
http://blogs.20minutos.es/trasdos/2011/12/21/franz-marc-animales/
http://heremdemaria.wordpress.com/2008/01/27/franz-marc-pintor-de-animales/

Franz Marc era un pintor ao que lle gustaba moito pintar animais. Estes son algúns dos seus cadros:

Cabalo azul

Can tumbado na neve

Tigre

Biblioteca:maio

Moitas novidades este mes de maio.
Catro novas mochilas marcharon para casa: Alba D., Miguel, Yazmina e Jonathan.



Novos diplomas da Biblioteca, por ser tan bos lectores: Anxo e Alba G.




E, como non, Noa e Noemi seguen xuntando regalos.