29/9/13

Anuncios antiguos

Queredes saber como eran os anuncios publicitarios nas teles de hai 50 anos? Por suposto, en branco e negro.

O xogo dos logos 2

Xa temos gañadores da primeira parte do xogo dos logos: Víctor, David, Anxo e Hugo E. acertaron os nomes dos tres logos, e Nahuel e Yazmina acertaron dous.
Os logotipos eran:
1º: WINDOWS
2º: UNICEF
3º: FERRARI
Noraboa a todos!

Agora vos deixamos tres logos máis para que rompades un pouco a cabeza:




22/9/13

O xogo dos logos

Un logo ou logotipo é un elemento gráfico polo que distinguimos e identificamos unha marca.
Hai logos que inclúen o mome da marca, polo que é moi fácil identificalos, por exemplo o de Google:


Outros son debuxos ou gráficos, polo que temos que facer un pequeno esforzo de asociación.
Propoñemos un xogo para averiguar a que marcas ou entidades corresponden cada un destes logotipos. Cada semana iremos poñendo tres logos diferentes e deberedes averiguar que é o que representan. Podedes pedir axuda na casa, pero teredes que adiviñar os nomes dos tres.
Aquí tedes os tres primeiros:




Xa sabedes que a forma de participar é escribir un comentario nesta entrada deixando a solución e o voso nome.
Esperamos as vosas respostas!

16/9/13

Empezamos!


Pois xa estamos aquí de novo, preparados para un novo curso. Aínda que as clases as empezamos o mércores pasado foi hoxe cando por fin chegaron todos.
Este ano temos un compañeiro novo, que se chama Fran. Espero que o pase ben con nós.
Temos poucas novidades con respecto ao curso pasado: a mesma aula, os mesmos profes... e o mesmo blog, aínda que lle cambiamos un pouco a cara  cunha nova plantilla.
O que si cambiamos é o proxecto que imos traballar durante este ano, a publicidade. Imos aprender moitas cousas sobre este tema.
Para que vaiades abrindo boca, aquí tedes un divertidísimo anuncio xaponés para promover o consumo de verduras nun supermercado. Quen dixo que comer verduras non mola?