30/10/13

Celebrando Halloween - Samaín


Hoxe celebramos a festa de Samaín - Halloween.
Foi un día moi completo- Primeiro nos disfrazamos de personaxes de Halloween, logo tivemos unha festa na clase de Inglés, máis tarde fomos a ver a exposición de cabazas de Samaín dos nenos e nenas de Infantil e o 1º ciclo e por último baixamos á Biblioteca. Alí estaba todo escuro e tivemos que entrar por un túnel, e a profe leunos un conto. Como o conto da Biblio non nos deu moito medo, leunos outro na hora de ler, pero tampouco nos asustamos, e iso que era dunha fantasma.
E para rematar o día decoramos a clase e a porta.
Feliz día de Halloween!
Feliz Samaín!

23/10/13

A familia Addams


A Familia Addams é unha familia pouco normal: cultivan só as espiñas das rosas, teñen como mascotas a animais perigrosos, teñen un raro gusto polos líquidos velenosos e se relaxan na sala de torturas. Os Addams viven nunha mansión de estilo antigo.
Os personaxes:


Gomez Addams é o pai da familia, quere moito aos seus fillos e a súa esposa Morticia. Volve tolos aos seus veciños aínda que cre que todos o adoran. Encántalle facer estrelar o seu xogo de trens.


Morticia Addams: é a nai da familia e cría aos nenos, coida da súa planta carnívora Cleopatra e mantén toda a casa sucia e tétrica. Sempre viste de negro e lle gusta camiñar polo  cemiterio.


Tío Fétido é o  máis raro de todos. É o  irmán de Gómez. Está moi encorvado e ademais é calvo. Un dos seus pasatempos favoritos é acender unha lámpada coa  boca.


Mércores Addams  é a filla dos Addams. É tímida e moi seria e non lle gusta moito xogar con outros nenos, aínda que sempre está experimentando co seu irmán. Leva un par de trenzas e vístese tan escura como a súa nai.


Pugsley Addams é o fillo dos Addams. É gordecho e quere seguir os pasos do seu tío Fétido, a quen admira moito polo seu gran coñecemento das cousas asquerosas. 


Avoa Addams: é a nai de Morticia, é unha auténtica bruxa. Gústalle preparar apócemas y botar feitizos. que sempre terminan nalgún desastre.


Longo é o mordomo da familia. Ë un home moi alto e de aspecto tétrico, e toca moi ben o órgano. Fala moi pouco e é considerado parte da familia. Parécese ao monstro de Frankenstein.


Cousa é unha man humana  con vida propia, aínda que isto nunca lle impide axudar en todo lo en todo o que pode. Comunícase co  resto da familia por medio do linguaxe de sinais.


21/10/13

Aquiles


Aquiles era o fillo dunha ninfa marina chamada Tetis e do mortal Peleo, rei de Ptía.

Tetis intentou facer inmortal ao seu fillo, e segundo o mito, bañou ao pequeño Aquiles no río Estigia para facelo invulnerable. Pero a deusa cometeu un descoido, ao somerxer ao neno de cabeza agarrouno dun pé, e esa pequena zona do talón de Aquiles quedou sen mollarse.


Aquiles foi educado por Quirón, un centauro que vivía nos bosques de Pelión, que converteu ao rapaz nun magnífico atleta, un bo cazador e ensinoulle as artes da mediciña.


Aquiles marchou á guerra de Troya, ao fronte do exército grego. Alí destacou polo seu espírito guerreiro nos máis difíciles combates. Nesta terra morreu, case ao final da longa guerra, alcanzado mortalmente no talón por unha frecha inimiga.




20/10/13

Anuncios publicitarios: un baile divertido

O xogo dos logos 5

Estas son as solucións o 4º xogo dos logos:
1º: pepsi
2º: twitter
3º: batman
Os gañadores por ter as tres respostas acertadas son Sara, Noa, Hugo E., David e Anxo.

E estes son os novos logos que tedes que acertar:



Seguro que non é moi complicado!

13/10/13

Vídeos: Tachaaan!





As nosas receitas: ovos fritos con patacas

Esta receita non é o que parece. Lede con atención porque podemos tomala de postre.


Ingredientes:
un melocotón de lata
un iogur natural
unha mazá
e un pouco de marmelada

Preparación:
1. Pelar a mazá e cortala nunhas tiras un pouco gordas para que parezan unhas patacas fritidas.
2. Botar o iogur natural no prato e poñer o melocotón enriba.
3. Botar a marmelada nas tiras de mazá para que pareza ketchup.

Que bo está!

Noa Amatriaín Miranda


O xogo dos logos 4

Xa temos as solucións ao anterior xogo dos logos:
1. Apple
2. Wikipedia
3. Intermon Oxfam

E os gañadores: Anxo, Nahuel e Hugo E. que acertaron os tres logos, e Yazmina que acertou dous.

E estes son os novos logos para adiviñar:




Veña, que esta vez é moi fácil!

6/10/13

O xogo dos logos 3

Xa temos os acertantes do segundo xogo dos logos: Hugo C., Anxo, Hugo E., Noa, Sandro e David deron a resposta correcta dos tres logos:
1º: MOVISTAR
2º: CARREFOUR
3º: UNIÓN EUROPEA
Noraboa aos seis!

E estes son os tres novos logos que tedes que averiguar:




Seguro que non é tan difícil!