18/11/13

Anuncios publicitarios: "Maleta" e "Patinete"


Dous coñecidos anuncios do ano 1989, protagonizados por un can, e que levaron o Gran Premio de publicidade en Cannes.
Unha mensaxe dende a propia televisión: non é bo pasar tanto tempo diante da tele.



Recursos para o meu blog: Reloxos


Se queres colocar un reloxo no teu blog podes visitar os seguintes enlaces:

http://www.clocklink.com/

http://www.relojesflash.com/

http://www.cuteki.com/widgets/clocks/

16/11/13

Lecturas recomendadas: A marabillosa medicina de George

A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, de xeito que cando é hora de que ela tome a súa medicina, George decide darlle unha dose da que ele mesmo preparou, unha beberaxe dunha chea de produtos que foi intducindo na pota como mellor lle pareceu. 
“A marabillosa medicina de George” é un dos máis coñecidos e divertidos libros de Rold Dahl. Desbordante de fantasía e humor demostra que a maxia pode ser combatida só con maxia. Un clásico da literatura infantil do século XX, ilustrado por Quentin Blake e traducida ao galego por Moisés R. Barcia.


Máis información neste blog:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/2010/11/marabillosa-medicina-de-george.html

O xogo dos logos 8

Ben, parece que no último xogo non houbo moita participación, non sabemos se é porque foi máis difícil.
As solucións aos logos son:
1º: Dropbox
2º: Médicos sen fronteiras
3º: Play Station
Os gañadores foron David e Hugo E. Moi ben para os dous!

E a ver se vos animades con estes tres logos, espero que sexan máis fáciles:




15/11/13

O alfabeto Braille


O Sistema Braille é un alfabeto que permite ás persoas cegas ler, escribir, compoñer ou dedicarse á informática.
Este invento é obra da imaxinación de Louis Braille.
Braille foi un profesor francés que naceu no ano 1809. Cando tiña tres anos tivo un accidente polo cal quedouse totalmente cego.
Con 10 anos entrou no Instituto para Mozos Cegos de París e anos máis tarde chegou a ser profesor deste centro. Mentres traballaba alí inventou este método que o fixo famoso.
 O Braille é unha lectura táctil baseada en puntos e guións en relevo sobre un cartón. Cada símbolo son seis puntos que se combinan de forma diferente para formar as letras, os números, os signos de puntuación Os lectores van pasando as xemas dos dedos por cada liña de puntos de esquerda á dereita, e deste xeito poden ler máis de cen palabras por minuto, aínda que se poden ler moitas máis usando ámbalas dúas mans á vez.
Hoxe en día, e grazas a este invento, creáronse máquinas para escribir e ordenadores especiais para invidentes.


Moby Dick


Ismael é un mariñeiro que está buscando emprego. Na illa de Nantucket enrólase nun barco baleeiro que está a punto de zarpar, o Pequod.
O capitán deste barco chámase Ahab e leva moitos anos recorrendo os mares cazando baleas. Busca a unha balea branca chamada Moby Dick para vingarse, pois ela destrozou o seu barco e arrincoulle unha perna.
O Pequod navega polo Atlántico e o Pacífico, a través de tormentas, buscando noticias de Moby Dick.
Por fin atopan a terrible e enorme balea e despois de tres días para capturala, Moby Dick ataca ao barco coa súa poderosa cola, o rompe e o afunde, levando á morte a Ahab e a toda a súa tripulación-
Ismael é o único supervivente, agarrado a un ataúde de madeira. Só el se salva para contar o sucedido.


13/11/13

Andy Warhol

En plástica imos traballar co artista Andy Warhol, en concreto unha das súas obras:

Portada do disco The Velvet Underground & Nico (1967)






11/11/13

Ollos de aula nº 10

Un novo número da revista Ollos de aula, elaborada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Moi interesante para todas as familias.

Biblioteca Escolar

Estes días na Biblioteca hai unha serie de libros que xa están cansos de esperar a que alguén os colla nos andeis. Por iso decidiron saír do seu sitio e ir en busca dun lector ou unha lectora.
Hai dous libros que buscan os seus lectores entre os nenos e as nenas de 4º de primaria:

O NACEMENTO DE NUNAVUT
Autor: Xoán Abeleira
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito. En O nacemento de Nunavut, o primeiro dos libros da serie, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, asistimos á chegada ao mundo da meniña, quen, tras ser abandonada a súa sorte, é levada á morada dos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade, de onde tentará rescatala o seu arrepentido pai, Ukapi.




SE VENDE MAMÁ
Autora: Care Santos
Ilustrador: Andrés Guerrero
Editorial: S.M.


Óscar está hasta el gorro de su madre, como todos lo hemos estado alguna vez en nuestra vida. No le deja quedarse despierto por las noches, ni jugar sin haber hecho los deberes antes y, encima, siempre le está regañando por tonterías. Por si todo esto fuera poco, desde que “el garbanzo” nació, todos se han volcado en cuidarle. ¿Qué pasa? ¿Que su madre ya no le quiere? Pues él a ella tampoco.
Por suerte para Óscar, Nora tiene la solución a sus problemas: vender a su madre por Internet. No es algo que le convenza demasiado en un principio, claro: en parte porque, como dice su padre, siempre que tiene que tomar decisiones sus neuronas se colapsan, y en parte porque, aunque desconoce la palabra, cree que siente ciertos remordimientos. Sea como sea, Nora rellena el formulario, define las características del producto utilizando “tácticas publicitarias” y le da a “aceptar”.
Con esta premisa tan original como divertida, Care Santos, autora de decenas libros para todas las edades y ganadora del premio Gran Angular con su novela Los ojos del lobo, aborda temas tan fundamentales como son la familia, la amistad y las nuevas tecnologías en una novela dirigida a lectores a partir de 8 años pero que hará las delicias de todo el mundo.

Podedes atopar os dous libros na Biblioteca, coa etiqueta verde (I3-G e I3-C)



10/11/13

Lecturas recomendadas: Otto es un rinoceronte


O venres pasado, na hora da Biblioteca, a profe leunos un fragmento do libro Otto es un rinoceronte, é do autor Ole Lund Kirkegaard, o mesmo que escribiu Tarzán de goma.
Pareceunos moi gracioso, rimos moito, e a profe recoméndanos a súa lectura.

Un simple dibujo en la pared desencadena una serie de situaciones absurdas para Topper y su amigo. El problema es que han dibujado un rinoceronte amarillo, y éste se ha convertido en un peligroso y enorme animal. Los adultos van subiendo al piso dispuestos a ayudar: el portero, la vecina, incluso el jefe de policía. El enredo va en aumento y, bajo una aparente normalidad, las propuestas de solución suponen un continuo disparate.


Anuncio da ONCE: Los colores de las flores

4/11/13

Recursos C. do Medio: o aparato excretor

Actividades de repaso sobre o aparato excretor no blog de recursos de C-do Medio:

Recursos de Matemáticas: as coordenadas

Unhas actividades divertidas para traballar o tema das coordenadas. No noso blog de recursos de Matemáticas:



Anuncios publicitarios: un dos mellores anuncios


Recursos de Matemáticas: a multiplicación


Un montón de actividades no blog de recursos de Matemáticas para repasar a multiplicación por unha ou por varias cifras:
http://ascousasdaclaserecursosmat.blogspot.com.es/2011/11/multiplicacion.html

O xogo dos logos 7

Pois xa temos gañadores ao 5º Xogo dos logos:
Hugo C, Hugo E, Sara, Miguel, Noa e David acertaron os tres logos. Estas son as solucións:
1º: Iberia
2º: Peugeot
3º: MacDonalds
Noraboa!

E agora tres novos logos para pensar esta semana:




Quen se anima?