Título: Ti non xogas!
Autor: Silvestre Gómez Xurxo
Ilustrador: Anxo Fariña
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

No colexio de Suso nunha semana enteira estivo chovendo e non puideron xogar ao fútbol... Á semana seguinte, o luns, cando Suso foi xogar ao fútbol Rober lle dixo que el non xogaba (Ti non xogas!). Entón Suso quedou amolado.
Ao chegar a súa casa viu enriba da mesa unha pantasmiña chamada Phanti que, que veu axudalo.
Suso e Rober tiveron que facer xuntos nunha árbore un traballo sobre a paz. Grazas a iso fixéronse amigos.

Gustoume o libro porque ten partes que tes que ler máis. O fantasma Phanti é moi raro porque é un pano, pero mola ver así as cousas.

Anxo Dacosta Portela 4ºA
Título: El misterio del tren fantasma.
Autor: Thomas Brenzina
Ilustrador: Pablo Tambuscio
Colección: Todos mis monstruos
Editorial: S.M.

Este libro trata de un niño llamado Max que hizo una apuesta con su hermana a que no podía entrar en el tren fantasma solo y estar media hora dentro.
Entonces se encontró a nueve monstruos que propusieron dárselo a un licántropo si no les traía comida, pero la trajo y se hicieron amigos.
Y eso solo era el principio de muchas aventuras.

El libro me gustó porque a mí me gustan los monstruos.

Víctor Cestay Esteban 4ºA
E aquí está a presentación de David e Jose sobre os ecosistemas de auga doce:

 
Esta é a presentación que fixeron Sara e Noemi sobre un ecosistema. Elas elexiron facelo sobre os arrecifes de coral.

Cun pouco de retraso, pero xa están aquí o resto das fotos e o vídeo do festival.
Pero que ben o fixeron estes nenos!


Festival 2014 (2) - Movie Maker

E aquí tedes o enlace para ver a actuación de 4º no festival.
https://docs.google.com/file/d/0BwBadT9jO7B4MzRhY0o5TmtyZkE/edit

O pasado mércores 18 de xuño fomos a unha excursión a O Grove.
 Fixemos unha viaxe nun catamarán con visión submarina. Tivemos a sorte de que nese momento apareceron un grupo de arroaces preto do barco, e puidemos velos dende moi cerca. Tamén estivemos dando de comer mexillóns ás gaivotas.


Dende o barco nos explicaron como é unha batea e o que cultivan nela, non só mexillóns, senón tamén vieiras e ostras.


Logo fomos ao Museo do Salazón, onde unha guía explicounos como facían o salazón do peixe e vimos un montón de aparellos de pesca.


De alí a comer, que xa estabamos mortos de fame. Ao acabar de comer a profe enfadouse un pouco con nós porque fixemos guerra de piñas e paus.

Despois de comer tivemos a visita ao Acuario. Alí Cristina, a nosa guía, explicounos todo sobre os peixes que íamos vendo. O noso preferido é Xoana, un tiburón femia.



E ao rematar, de volta a casa. Chegamos cansos, pero contentos porque o pasamos moi ben!

A nosa profe esqueceuse da cámara de fotos. Onde terá a cabeza esta muller? Menos mal que todos nós fixemos moitas fotos. Aquí só temos as que fixeron Noa, Alba G. e Aarón, porque nós tamén temos a cabeza noutro lado e non as levamos a clase.


E rematamos o curso coa festa de xogos de auga. O pasamos moi ben, e nos mollamos un pouco, uns máis que outros.
E agora a disfrutar do verán. FELICES VACACIÓNS!

Fin de curso

Xa chergamos ao final do ciclo. Nestes dous anos pasaron moitas cousas, aprendimos moito e nós tamén crecemos. Fíxadevos como eramos en 3º e o que cambiamos nestes dous anos.


Fin curso 4ºA 2014 - Movie Maker

E un abrazo de grupo para despedir o curso:





Noraboa a todos os nenos e nenas de 4º polo ben que o fixeron no festival!
Un duro traballo que deu os seus froitos e mereceu a pena.
Moi ben a todos!
E xa temos as primeiras fotos. Esperamos ter máis para a próxima semana.



E tamén queremos dar as grazas á nosa profe de Música Paz, que nos preparou e ensaiou as cancións e a Lourdes, que nos axudou cos disfraces e nos fixo as coroas.