30/1/14

Celebrando o Día da Paz


Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Decoramos a nosa porta con Buli e mandalas da Paz e saímos todo o cole ao patio para cantar unha canción que ensaiamos na clase de música coa nosa profe Paz.



13/1/14

Compartimos os regalos de Nadal

Este Nadal, os Reis e Papá Noel foron moi xenerosos con nós e trouxeron moitos regalos. Entre eles, un montón de xogos que queremos compartir cos nosos compañeiros.


Lecturas recomendadas: Crimen en los fiordos


Título: Crimen en los fiordos.
Autor: Sir Steve Stevenson
Ilustrador: Stefano Turconi
Colección: Agatha Mistery
Editorial: La Galera

Agatha y Larry Mistery están de vacaciones en el trasatlántico King Arthur cuando el agente AP36 les avisa que Bismarck, el espía conocido como Hermann Bauer, está tramando algo. Pero al final tienen que seguirle la pista al crupier que mató a Bismarck.
Lo que más me gustó fue las vueltas que dieron para encontrar al culpable.
Sara Abal Álvarez


12/1/14

Recursos C. do Medio: os ecosistemas

Visita o noso blog de recursos de C. do Medio para saber todo sobre os ecosistemas.

Lecturas recomendadas: Contos para rapaces pillabáns.

Título: Contos para rapaces pillabáns.
Autor: Jacques Prévert
Ilustradora: Mª Xosé Fernández
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Este libro trata de animais que viven aventuras: de Polgariño que non encontra o camiño a casa, dun dromedario que se aburre nunha conferencia, dunha morsa que fai malabares, dunha xirafa que entra nun coro, dun cabalo que se aburre nunha illa, dun  león que o cambian de gaiola, duns burros que fan rir...
Gustoume porque os capítulos son moi interesantes e o primeiro capítulo coa avestruz mola moito.
Miguel De Sa Entenza

Solucións ao xogo dos logos


Xa rematamos o noso Xogo dos Logos, e estas son as solucións ao último:
1º: Antena 3
2ª: Pringles
3º: Vodafone

E os gañadores por acertar as tres solucións: Hugo E. e Hugo C.

Estade atentos porque pronto teremos un novo xogo.