30/3/14

Anuncios: papel vs tablet

Os nenos do paraíso


Estes días tivemos unhas sesións conxuntas dos alumnos de Relixión e Atención Educativa para ver a película Os nenos do paraíso, que nos trouxo Loli, a nosa profe de Relixión.
É unha fermosa película iraní que nos conta os problemas  de Alí e a súa irmá Zahra, dous nenos irmáns dunha humilde familia de Teherán, cando Alí perde as zapatillas da súa irmá ao levalas a reparar. Dada a situación económica da familia, entre os dous deciden compartir as zapatillas de Alí, turnándose no seu uso para ir a escola. Ata que Alí inscríbese nunha carreira coa esperanza de quedar o 3º e gañar como premio unhas zapatillas novas.
A película gustounos moito, aínda que ten momentos tristes, e con ela dámonos conta das condicións en que viven algíuns nenos pobres noutros países.




27/3/14

Recursos matemáticas: os números decimais


Visita o blog de Matemáticas e atoparás moitos recursos sobre os números decimais.

Xogando cos slogans


Un slogan  é unha frase publicitaria que identifica un produto determinado.
Moitas marcas teñen slogans que son moi coñecidos, pero... seriades capaces de identificar de que marca son?
Propoñemos un xogo: imos poñer tres slogans, a ver se sabedes  a que marca ou produto representan.

1º: ... te da alas

2º: Porque tú lo vales

3º: I´m loving it.

É moi fácil, e recordade que podedes participar todos desde casa poñendo as solucións nos comentarios.




25/3/14

Na aula de Música 2

E o segundo vídeo:

Lecturas recomendadas: A verdadeira historia da mosca da tele


Título: A verdadeira historia da mosca da tele.
Autora: María Solar
Ilustradora: Ana Francisco
Colección: Árbore
Editorial: Galaxia

O libro trata dunha mosca que vivía na tele. Sacaba de quicio aos presentadores. Pero, de súpeto, un día foi entrar por unha fiestra da porta e, ao sacar a cabeza, viu unha calva e saíu a lamela. Entón o home puxo o chapeu e, en menos que canta un galo, a mosca estaba nun avión a Cuba. Alí coñeceu a catro moscas e moitos bichos máis. Ao cabo dun tempo a mosca fórase co calvo ata unha tele cubana e gustoulle máis ca outra.
Alba Díaz Montes

Traballando na clase de Música

Así é como traballamos na clase de Música. Este vídeo gravouno a nosa profe Paz.

9/3/14

Entroido: as fotos do cole

Cun pouco de retraso aquí temos as fotos "oficiais" do Entroido.
As fotos da presentación:


A actuación:


Desfile e merenda: