26/10/14

Saída: a esfolla do millo


O xoves fixemos a nosa primeira saída. Fomos a unha finca preto do Muíño do Fausto para colaborar na esfolla do millo.
Traballamos moito. Recollemos as espigas, lles quitamos as follas e as barbas e logo as colocamos en sacos.
Un traballo duro pero moi divertido, aínda que algúns lle puxeron moito entusiasmo e fixéronse algunha ferida.
Despois Manolo Boubeta levounos ao Muíño do Fausto e alí explicounos o seu funcionamento.
O pasamos moi ben!

Lecturas recomendadas: O nacemento de Nunavut.

Título: O nacemento de Nunavut.
Autor: Xoán Abeleira
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Colección: Nunavut
Editorial: Xerais

Trátase dunha nena inuit que é fermosa e que os seus pais a abandonan, pero unhas persoas a rescatan.

Gustoume este libro porque gústame que cando alguen abandone a súa filla haxa persoas que a rescaten.


Noemi García Paredes 4ºA

21/10/14

Lecturas recomendadas: Se vende mamá


Título: Se vende mamá
Autor: Care Santos
Ilustrador: Andrés Guerrero
Colección: El barco de vapor
Editorial: S.M.

El libro trata de un niño que se llama Óscar que quiere vender a su madre. Para venderla cuelga un cartel en donde pone como es.
Óscar quiere vender a su madre porque ya no lo quiere como de pequeño.
Al final Óscar se da cuenta de lo que quiere a su madre.

Me gustó porque fue muy bonito y entretenido.


Alba García Bernárdez 4ºA

12/10/14

As nosas lecturas: Tarzán de goma

Tarzán de goma é a histoia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzán de goma. Como non é moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, bótanlle auga nos pantalóns e péchano nos váteres da escola. Na escola Iván apaña malleiras e, na casa, o seu pai apréndelle que un rapaz ten que saber defenderse.
Cando unha bruxa lle pode conceder un so desexo, Iván pide que se lle cumpran todos os seus desexos. Pero a bruxa so llo pode conceder durante un día e nada máis.


O libro foi moi gracioso e encantoume. Gustoume moito cando apareceu a bruxa. Noa
Gustoume moito e deu moita graza. A parte que máis me gustou foi cando a vella lle concedeu os desexos. Eloi


Encantoume. Gustoume cando lle mollaban os pantalóns e cando pechou o profesor de ximnasia. Gabriel
Gustoume cando Iván pechou a moitos nos baños porque os abusóns fixéranlle o mesmo e o merecían. Javi
Gustoume moito o conto. Carlos


Gustoume moito, sobre todo a parte na que os pescadores caen á auga. Nico
O libro encantoume e gustoume moito cando cuspiu ata a outra farola. Tamén cando andou en bici e caeu ao mar. Diana
Encantoume este conto, foi moi divertido. Gustoume cando Iván Olsen pescaba aos pescadores, foi a miña parte favorita. Clara
Gustoume moito cando caeu á auga cos mariñeiros que estaban pescando. Ágata


O libro gustoume moito. A parte que máis me gustou foi na que Iván lle pegou un balonazo na barrigaao porteiro. Pareceume mal o que lle facían a Iván Olsen. Tamén me gustou a parte en que Iván Olsen encerrou ao profesor de ximnasia nos baños. Xian
Gustoume moito o conto. A parte que me gustou máis foi cando Iván lle deu tan forte ao balón e o porteiro foise co balón. Sabela
Gustoume moito o libro polo gol que marcou e porque asustou aos pescadores- Eloy


Gustoume cando o pai lle deu tan forte á mesa que tirou o vaso de auga. Uxía
O conto gustoume porque era moi divertido. Gustoume a parte na que Iván obrigou ao seu pai a subir á árbore. Diego
Gustoume cando o pai de Tarzán de Goma caeu da árbore porque sangrou. Tamén cando lle deu un balonazo ao porteiro. Lucas

Máis opinións doutros cursos:

http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/2012/11/tarzan-de-goma-mais-comentarios.html

As nosas lecturas: O gato Mog


A señora Jones é panadeira e ten un gato chamado Mog.
A Mog gústalle xogar coa auga e por iso colle un resfriado. A señora Jones dálle un pouco de leite con levadura e Mog deitase ao lado do lume.
E entón acontece algo sorprendente, Mog empeza a crecer. Crece tanto como unha balea... e entón empezan os problemas.