Entroido


Primeiras fotos do Entroido. Os disfraces e a actuación:


Entroido 2015 - Kizoa Movie Maker

Ademais o noso compañeiro Javi levou un premio polo seu debuxo no concurso de carteis de Entroido. Noraboa!



Entre a preparación do Entroido buscamos un pouco de tempo para celebrar San Valentín. Estas son as nosas mensaxes de amor e amizade.




Xa temos o segundo mural do proxecto Coidamos o entorno, co tema da contaminación do aire.
Xunto cos nosos debuxos sobre este tema, están os resultados da enquisa enviada ás familias.


De todos os resultados obtidos sacamos a conclusión que os aspectos a mellorar son os relacionados co uso da bici e o transporte público, ás veces un pouco complicado dependendo do lugar onde vivimos, e no apartado de plantar árbores, tamén un pouco difícil nun entorno máis urbano.







Pero o máis importante de todo é que isto nos sirva de reflexión sobre o coidado do noso entorno.






O próximo xa está en marcha: unha enquisa sobre o coidado e aforro da auga.
Gracias a todas as familias por colaborar con nós!




Día da Paz

O venres 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Despois do recreo tnos xuntamos no salón de actos e escoitamos unha canción cantada polos alumnos de infantil e a lectura de frases relacionadas coa paz por parte dos alumnos de Primaria.
E en clase falamos de Gandhi e decoramos a porta con mensaxes de paz.




Xa queda pouco para o Entroido. Por fin temos a letra da canción!
Costou un pouco, e despois de varias probas imos facelo coa música da Macarena. para que vaiades practicando na casa aqui tedes os vídeos da canción e do karaoke: