No Festival das Letras Galegas representamos o conto A colmea contaminada. Con esta historia elaboramos un libro do conto ilustrado por nós.



Conto A colmea (1) - Kizoa Movie Maker

Logo fomos ás aulas de Ed. Infantil para ler o conto aos alumnos.
Nós cremos que lles gustou moito.

Todos sabemos como producen mel as abellas.
Para comprobar o bo que está o mel fixemos unha degustación de mel, con tostadiñas de pan e queixo. Que boísimas estaban!




Dentro do proxecto das abellas fixemos moitas outras actividades.
Diego trouxo a clase os enlaces para ver un episodio de "El maravilloso mundo de los animales" de Disney, dedicado ás abellas.
Aquí vos deixamos o episodio, dividido en tres partes. É moi interesante e divertido!







Xa sabedes que durante este curso estivemos traballando As abellas, dentro do proxecto sobre o Medio Ambiente.
Fixemos moitas actividades. Empezamos no Entroido, disfrazándonos de abellas. No Festival representamos un conto: A colmea contaminada.
Na clase ademais decoramos a porta:


Javi trouxo a clase un trozo de panal dunha colmea:




E durante un tempo fomos recollendo moita información sobre as abellas, de libros, de Internet... e con todo elaboramos un mural.













Un lugar no bosque.
Armando Quintero
Colección Seteleguas
Ed. Kalandraka

Son varios contos contados por unha familia de lobos sobre as súas vivencias no bosque.
Cóntaos o Lobo Avó, Lobo Grande, Lobo Tío, Lobo Pequeno, Lobo Pequerrecho, Loba Avoa, Loba Grande e Loba Pequena.

Gustoume porque son moitos contos pequenos e fáciles de ler. De todos eles. o meu favorito é o do gardabosques e a súa filla Gabriela.

Gabriel 3ºB


Terror en la clase.
Thomas Brezina
Colección: Todos mis monstruos.
Ed. S.M.

Son los únicos monstruos que quedan y están enfermos por culpa de un helado envenenado. Max tendrá que curarlos en una aventura muy chula en la que la malvada Karla Kätscher se interpondrá.

Me encantó, uno de mis libros preferidos, porque está muy bien y salen monstruos graciosos.

Nico 3ºB
Traballos de C. Sociais sobre a historia persoal de cada alumno.
Noraboa a todos e todas! Uns magníficos murais moi ben elaborados e que os alumnos explicaron moi ben na clase.

Por fin! Acabamos o curso e xa temos vacacións!
Como todos os anos o curso acaba cunha festa organizada pola ANPA.
Primeiro tivemos unha exhibición das actividades extraescolares nas que participamos, e logo unha gran festa de xogos de auga.


La bruja enamorada.
E. B. del Castillo
Colección MakiaVela
Ed. Beascoa

El libro trata de una bruja que tiene unas amigas: Cereza y Escarlata. Cereza cultiva y Escarlata es la cerebrito.
Pero Escarlata se enamoró de un chico y salió todo muy bien.

Me encantó, porque yo tengo un libro de esta colección y me lo leí pero no mola tanto como el que me acabo de leer.

Sabela 3ºB

Sopa de marsopa
Isabel Freire
Colección: Merlín
Ed. Xerais

Había unha vez un policía que se chamaba Xulio Bons, que unha vez foi á carnicería e atopou un neno que pediu cincocentos corenta e cinco quilos de polbo, e fíxose amigo del.
Logo foi a unha fábrica de sopa e encontrouse cunha marsopa nunha peceira.
E ao final detiveron aos malvados.

Gustoume porque era moi divertido e de misterios.

Diego 3ºB





Traballos sobre o tema de C. Sociais sobre a localidade.
Uns traballos estupendos, e ademais moi ben as presentacións. Noraboa a todos os alumnos.
Moitas grazas tamén a todas as familias por colaborar.


O poder de Amabel
Érica Esmorís.
Sushi Books
Ed. Rinoceronte.

Este libro trata de que a nai, o pai, o irmán e a avoa tiñan superpoderes: unha forza moi forte, a velocidade, unha intelixencia e facerse invisible. Pero Amabel non sabe cal é o seu superpoder. Para descubrilo fai unha lista de poderes, e Roi outra, e ningún funcionou.
A avoa lle dixo cal é o seu poder: o poder de facer sorrir á xente, aínda que ela non o entendía, pero dixo a avoa que xa o entendería cando fose maior.

A min encantoume, porque toda a familia ten un poder, e Amabel fai un montón de aventuras, pero ningunha valeu, ata que a avoa llo dixo.

Ágata 3ºB

El Baobab.
Colección Mondragó.
Ana Galán.
Ed. Everest

El libro trata de unos niños que intentan encontrar las seis semillas azules para salvar los árboles parlantes.
En este libro pasan muchas aventuras en las que encuentran dos semillas azules.

Ha estado muy bien porque me parecieron muy entretenidas las aventuras, las fotos y las descripciones de los dragones.

Uxía 3ºB

Catálogo de obxectos rebuldeiros
Pablo Prestifilippo
Faktoría K de libros

O profesor Aristítoles unha noite viu na televisión un programa, e desde aí empezou a investigar o que pasaba.

Gustoume porque descubriu moitas cousas que pasaban, e porque o final foi moi divertido.

Diana 3ºB

Pablo Diablo. La fabulosa Navidad.
Francesca Simon
El barco de vapor
Ed. S.M.

Trata de un teatro de Navidad y con personajes. Pablo Diablo hacía una emboscada a Papá Noel y después cenará en familia.

Me gustó porque salía Papá Noel.

Carlos 3ºB




Noraboa a todos os gañadores no concurso de selfies da Biblioteca. Entre eles tres alumnos da nosa clase: Javi, Nico e Eloi V.

A maxia dos trasnos.
Blanca Castillo
Ed. Baía

Sabela era unha nena que tiña un pai que se chamaba Xabi, e ubha nai que se chamaba María. Todos os domingos van ao campo a ver as bolboretas.
O señor Souto era un home que tiña unha muller, a señora Souto, e unha filla chamada Lula. Tiñan unha granxa.
Lola Sabichona era unha nena moi lista e educada, pero no recreo ninguén quería xogar con ela,
Amparo é unha nena que ía de excursión co seu tío, a súa tía e os seus curmáns.
Samuel, o das pencas, era un trasno moi malo.

Encantoume este libro. Foi moi divertido e súper gracioso, porque o libro tiña imaxes moi graciosas e divertidas.
O personaxe que máis me gustou foi Lola Sabichona.
O que non me gustou foi que tiña moita letra.

Noa 3ºB

El detective disfrazado
James Preller
Ed. Edelvives

Este libro trata de un detective disfrazado llamado Nino Puzle y su socia Mila, que tuvieron que resolver dos casos.
Uno era quien robaba las magdalenas, que resultó ser Miguel.
El otro era quien robó la pelota de Ramón, que resultó ser Iván y Luisma.

Me gustó porque mientras lo leía me imaginaba que era el detective Paulino.

Lucas 3ºB
Resultado dos traballos de C. Naturais sobre o coidado do corpo, a saúde e a hixiene.

Onte martes 2 de xuño fomos a Coruña, a visitar a Casa das Ciencias e a Domus.
Na Casa das Ciencias estivemos tamén no Planetario, e na Domus vimos unha peli en Magnavisión.
E aquí temos as primeiras fotos.

Por fin as fotos do Festival!
Recordade que se podedes aportar máis fotos ou vídeos serán ben recibidos!