Continuamos co noso proxecto, vinculando a música coas emocións, na clase de Valores Sociais.
Esta vez foi Nico o encargado de escoller a música que quería que escoitásemos: o tema principal da película A Misión, do compositor Ennio Morricone. Un precioso tema no que destacan a música do oboe e o impresionante coro.

A min esta música transmíteme tristeza, alegría, emoción, pena e chégame ao corazón. 
Tamén me recorda a unha historia nunha etapa da vida da miña nai en Perú. Ela foise cando era moi nova cunha ONG aos Andes. Contoume que a primeira vez que subiu a estas montañas o fixo escoitando esta música, moi emocionada, mentres vía xogar aos nenos descalzos.
NICO 

Escoitamos con atención.


Que sentimos ao escoitar a música?

Cando a escoitei a notei triste, case empezo a chorar. Pero cando saiu o coro empecei a moverme. Pero a parte que máis me gustou foi a parte triste. ARI

Gustoume moito, e tamén cando entra o coro e fai música. CARLOS

Esta música dame tristeza, e despois dame como un gran subidón de alegría e tristeza á vez. Sobre todo, emoción. Encantoume este tema. ELOI

A min o que máis me gustou foi o coro, e cando empezou a xuntarse a orquesta. Foi como se houbese unha solución a todo. DIEGO

É triste, de emoción, alegría e pena. Te trae moitos recordos tristes. SABELA

É un tema que me transmite tristeza, melodía, felicidade, dulzura, amor, libertade... como se fose algo triste que se soluciona un pouco. ANDREA

Pois a min me provoca tristeza, e tamén un pouco de alegría. Me gusta cando se xunta o coro enteiro e cando fan: Uh, Ah,  Uh! XIAN


Este curso, dentro da clase de Valores Sociais e Cívicos, imos realizar un proxecto unificando esta asignatura co proxecto interdisciplinar do cole dedicado á Música.
A este proxecto lle puxemos o nome de Melodías de Emocións.
Trátase da presentación dunha serie de temas musicais, de diversos tipos e estilos, e analizar que emocións nos provocan.
O primeiro tema proposto é o tema principal da banda sonora da película Tiburón.


Este tema é unha melodía que nos produce terror. Interpretada por chelos, contrabaixos, trombóns e unha tuba, prodúcenos unha gran inquietude e angustia. Describe moi detalladamente o ataque do tiburón: soa forte e alto cando se produce o ataque e suave e lenta cando o tiburón está acechando. Sempre insistente e amenazante.

Que sentimos ao escoitar a música?

Eu sentín como un pouco de presión primeiro, despois sentín un pouco de angustia e logo pois que se acerca a comer. o único que sei é que a música deume susto e despois sorpresa. Andrea

Sorpresa. Ari

Sentín moito medo, angustia e misterio. Sabela

Eu sentín un pouco de medo, porque podes estar nadando todo tranquilo e, de repente, como se te desen un susto. Xian

Non sentín tanto medo, pero estiven nervioso. Carlos

Eu sentín medo, tamén angustia, misterio, e nunha parte alegría. Nicolás

Eu sentín como que algo me estaba perseguindo, como angustia e medo á vez. Eloi V.


Xa estamos listos para empezar. O primeiro de todo presentarnos.
Este curso somos 16 en clase, temos catro compañeiros novos.





Preparados para mañá? Por se aínda hai algún despistado... EMPEZAMOS AS CLASES!!!!
Espero que veñades ben descansados, coas pilas ben cargadas e con moitas ganas de traballar.
Seguro que temos moitas ganas de ver aos compañeiros e estamos ilusionados por empezar 4º.
E, preparádevos, este ano vai ser un curso moi musical.
Pois xa sabedes, a acostarse pronto, que mañá temos que madrugar!