29/5/15

Festival 2015



Por fin chegou o Festival!
Dende este blog queremos darlle a noraboa! a todos os rapaces e rapazas de 3º polo bo traballo realizado no festival.
A pesar dos nervios, algún que outro disgusto coas ás e varios desaxustes cos audios, todos fixeron unha actuación excelente.
Todo un mes de traballo intenso: ensaiando, cantando, pintando, facendo os disfraces... e tamén pasándoo ben!
Agora quédanos esperar polas fotos, que espero que xa as teñamos o luns.
Se algún pai e nai quere achegarnos as súas fotos ou vídeos seran moi ben recibidos.
Moitas grazas a tod@s!


15/5/15

Recursos Matemáticas: moedas e billetes

Visita o noso blog de recursos de Matemáticas para practicar coas moedas e billetes.

Mercadillo

En Matemáticas estamos traballando o valor de billetes e moedas. Para practicar con eles fixemos un mercadillo en clase, onde todos puidemos facer de vendedores e compradores. Vendimos e compramos moitas cousas,,, e o pasamos moi ben!