29/10/15

Feliz Samaín / Halloween



Menuda semana levamos, todo o cole cheo de cabazas, bruxas, vampiros...
Hoxe foi o día grande: festa de Halloween na clase de Inglés, visita a exposición de cabazas de Infantil e 1º ciclo, e visita á Biblioteca, que estaba moi ben ambientada. Gracias, Susana!

23/10/15

Recomendacións musicais: With a little help from my friends (The Beatles)

Dentro do proxecto deste curso iniciamos unha actividade para involucrar tamén a todas as familias.
Pedimos a todas que colaboraran facendo recomendacións musicais, que iremos publicando neste blog.
A primeira esta feita por Miguel, o pai de Eloi.
Trátase da canción With a little help from my friends do grupo The Beatles.
Todo un clásico que seguro que lle vai gustar a todos.



Esta canción amosa sentimentos de melancolía e ledicia, que desembocan nun ambiente festeiro. 
Oda a amizade e a posibilidade de compartirmos fracasos e éxitos.
Miguel

Gústanos ler: Xonás o pescador


Xonás o pescador
Reiner Zimnik
Ed. Kalandraka
Colección 7 Leguas

O protagonista é Xonás, un pescador que estaba pescando no río Sena, o río máis importante da cidade de París.
Xonás sempre quería pescar un peixe moi grande, pero sempre collía peixes moi moi pequenos. Ata que unha vez Xonás probou a poñer unha sardiña de cebo na súa cana de pescar. E así, un día pescou un peixe moi moi grande.
Por último Xonás foise para a súa casa co seu peixe.

Gustoume porque foi moi divertido.
Xian

Imos ao cine: Hotel Transilvania 2

Unha divertida película, moi apropiada para estas datas:

18/10/15

Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

O pasado venres todos os alumnos de 3º e 4º  fixemos a nosa primeira saída do curso. Fomos a Campo Lameiro, a ver o seu parque Arqueolóxico.


Cando chegamos nos dividimos en tres grupos. O noso grupo (menos Ágata e Uxía que marcharon cos de 3ºB) fomos a ver os petroglifos cun dos monitores, que nos explicou moi ben como os facían e como vivían as xentes de esa época, fai máis de 4000 anos.
O petroglifo do cervo é moi bonito!


Logo levounos a ver a réplica dun poboado, onde aprendimos como eran e como facían as súas casas.
Eran moi pequenas!

Ao rematar esta visita unha das monitoras acompañounos ao obradoiro, onde nos explicou como os homes primitivos facían música e ensinounos moitos dos seus instrumentos, feitos de ósos, madeira, cunchas, cornos de animais...


E logo tocounos a nós facer un instrumento: unha bramadeira. Fixémola cun trozo de madeira e unha corda. Antes tivemos que preparala como se fósemos nenos prehistóricos: cun trozo de pedra de sílex. E as pintamos con óxido de ferro e carbón.



Logo de probar como soaban as nosas bramadeiras, merendamos un pouco e entramos no edificio para ver o Centro de Interpretación do Parque.


E xa nos quedou moi pouco tempo para ir ao Labirinto.


O pasamos moi ben e foi unha visita moi interesante.


Melodías de emocións: Strange Magic 13: Tell him / Wild thing.




Esta semana Diego presentounos a súa música elexida para o proxecto de Valores.
É o tema da película de animación Strange Magic.



Despois da presentación debatimos sobre o que escoitamos e anotamos as nosas impresións.


Gústanos ler: Sobre o tempo.


Pregunta a Dra. Peteiro sobre o tempo.
Claire Llewellyn
Ilust: Kate Sheppard
Ed. Baía

O libro trata duns animais que teñen problemas. Eles escríbenlle cartas á Dra. Peteiro e ela lles dá consellos.
tamén te explica o ciclo da auga, sobre as nubes e a chuvia, o xeo e a neve, tormentas perigosas e as estacións.

Gustoume porque me ensina moitas cousas e explica como hai que facer para non ter problemas.
Uxía

14/10/15

Melodías de emocións: Suena la pelota (A. Sanz)

Esta semana tocoulle o turno a Andrea, que nos ven presentar unha canción: Suena la pelota, de Alejandro Sanz.





Me transmite libertade, ganas de vivir toda a vida, amizade, un sentimento especial. E está canción transmíteme ser eu mesma.
Escollín esta canción porque o meu avó a escoitaba, porque coa miña nai lle facía feliz.
Andrea








Escoitamos a canción:





E despois dun intenso debate, estas son as nosas conclusións:

A min me carga as pilas, dame diversión como se estivese nunha película. Tamén me causa alegría e ganas de moverme. Eloi

Me causa alegría, emoción, alégrame o corazón, dame enerxía, éncheme a alma de enerxía, danme ganas de poñerme a bailar. Esta canción me recorda moito a miña nai, que lle gustaba moito Alejandro Sanz. Sabela

A min esta música me causa alegría, ganas de facer cousas, ganas de bailar. Nico

Danme ganas de vivir aventuras e estar feliz de por vida, é moi moi alegre. É moi bonita, exprésame ganas de bailar moito. Diego

A min danme ganas de facer cousas, e tamén moita alegría, e de estar activo. E tamén de cargarme as pilas. Xian

Sinto que podo facer calquera cousa, ata cantar, porque é alegre. Ari

Transmíteme alegría e ganas de facer cousas. Carlos






12/10/15

Gústanos ler: 29 Historias disparatadas


29 Historias disparatadas
Ursula Wölfel
Ilust: Neus Bruguera
Colección: 7 Leguas
Ed. Kalandraka

Como o libro ten 29 historias, vou escoller unha que se chama A historia das cabezas de herba.
Trata sobre un barbeiro que non tiña pelo, así que plantouse herba na cabeza para non deixar a calva ao descuberto. pero a herba na cabeza púxose de moda e tiñan que ter coidado coas vacas.

Gustoume porque as historias son moi boas e disparatadas, e están moi ben.
Nico

Gústanos ler: Mozart


Mozart
Manuel Veiga y Dolores Martínez
Ilust: Charlotte Voake
Colección: Descubrimos los músicos
Ed. Combel

El libro trata de que su hermana estaba tocando y le preguntó si él quería tocar. Y sin decir ni una palabra empezó a tocar de maravilla. El emperador le pide que le toque una pieza de música sin mirar el instrumento ni las manos. Luego oyó una melodía dulce y dijo:
- Yo también quiero componer música de iglesia.

A mi sí que me ha gustado, porque me gusta la música de Mozart. Este libro me gustó mucho porque desde muy pequeño hasta mayor no paró de tocar.
Ágata

8/10/15

Gústanos ler: Lía e as zapatillas de deporte.


Lía e as zapatillas de deporte.
María Reimóndez
Ilust: Iván Sende
Colección Merlín
Ed. Xerais

Trata dunha nena chamada Lía, que o día de Reis Magos trouxéronlle unhas zapatillas con vida. A nai díxolle que estaban feitas por nenos e nenas que tiñan que traballar.
Lía mandou unha carta a unha empresa pedíndolles un favor, que era que reflexionasen e que retirasen o apoio á empresa.

Gustoume porque non sabía que había nenos e nenas que tiñan que traballar, e tampouco sabía o que era o comercio xusto. Fíxome gracia cando as zapatillas falaban.
Javi

7/10/15

Melodías de emocións: Titanic

Seguimos co noso proxecto da asignatura de Valores, unindo música e emocións.
Esta vez tocoulle o turno a Eloi, que escolleu tamén un tema dunha banda sonora dunha película: Titanic, composta por James Horner.

Presentación:



Esta música me causa emoción porque cando a escoito me recorda moito ao meu avó. Entón tamén me causa tristeza, porque claro, o meu avó morreu.
Como vin a película, ao escoitar a banda sonora, sinto bastantes cousas, como tristeza, alegría, emoción...
NUNCA ME ABURRIRÍA DE ESCOITALA.
Eloi



Escoitamos con atención:





E debatimos sobre o que sentimos, tamén comentamos a historia do Titanic. E ao rematar o poñemos por escrito o que a música nos suxire.

A min esta música prodúceme tristeza. Me gustou moito a parte na que entra o vento e tamén, aínda que non vin a película, recórdame ao Titanic. Nico

Eu sinto moita tristeza, un pouco de alegría, dolor, escalofríos...ao final un pouquiño de medo e outra vez tristeza. Sabela

Eu sentín angustia, escalofríos, tamén tristeza, inxusticia, amor pola xente. Tamén unha vida mala. Moitísima tristeza. Andrea

A min me produce tristeza, escalofríos e un pouco de alegría. Carlos

Tristeza, escalofríos, Case choro porque o meu avó morreu no mar cando naceu a miña nai, ela non o coñeceu. Ari

Pois a min provócame tristeza cando os pobres se afunden, é moi inxusto que só deixaran subir nos botes salvavidas aos ricos e que os pobres morresen todos no barco. E tampoco que na parte de arriba estivesen só os ricos, e na parte de abaixo os pobres. Pero eu creo que o pasaban mellor os pobres cos súa música celta. Xian

A min cáusame moita tristeza porque me imaxino toda a xente morrendo na auga, se me poñen os pelos de punta. Para min Eloi fixo ben en escoller esta música. Diego



Esta banda sonora é moi bonita, pero deixounos un pouco tristeiros.



1/10/15

C. Naturais: Os sentidos

Visita o noso blog de C. Naturais e atoparás moitos recirsos sobre os sentidos.

Gústanos ler: Hop Frog


Hop Frog
E. Allan Poe
Ilust: Alberto Vázquez
Colección Q
Ed. OQO

O libro trata dun rei moi bromista e dun anano coxo que tiña unha amiga que se chamaba Tripeta.
Hop Frog ao final foi o máis valente.

Gustoume moito porque o anano era moi bo, pero o rei non. E o anano deulle unha lección.

Sabela

Gústanos ler: Mi nombre es Skywalker.


Mi nombre es Skywalker.
Agustín Fernández Paz
Ilust: Juan Ramón Alonso
Colección El barco de vapor
Ed. S.M.

El libro trata de una chica que se llama Raquel. Todos los días mira por su ventana.
Un día Raquel descubre que hay un señor al que nadie ve. Parece invisible, porque los mayores pasan por delante de él y ni lo miran. Raquel habla con él y descubre su secreto: se llama Skywalker y es de otro planeta, al que vuelve al final de la historia.

Me gustó porque es bastante interesante.
Eloi V.