Fin de curso

Xa estamos aquí, acabamos o curso e imos celebralo cunha gran festa de xogos de auga, que todos os anos prepara a ANPA.
Primeiro, as actuacións dos grupos das actividades extraescolares, e logo a xogar e a mollarnos!


Fin de curso 2016 (2) - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E con isto despedímonos ata o curso que ven.
BOAS VACACIÓNS A TODOS!

Hoxe fixemos a saída de fin de curso. Os cursos de 3º e 4º marchamos a O Grove: fixemos unha saída en barco ata as bateas, logo ao Museo da pesca e o salazón, comimos nun parque e logo visitamos o Acuario. Unha visita completa e na que o pasamos MOI BEN!!!

Unha recomendación musical veraniega e con moito ritmo: Si no te quisiera, de Juan Magan, recomendación feita por Inés, prima de Uxía.



"Es escucharla y ponerme a bailar. Recarga pilas. Me alegra el día." 
Inés

Título: Kika Superbruxa e a maxia do circo
Autor: Knister
Ilustrador: Brigit Rieger
Colección: Kika Superbruxa
Editorial: Bruño

Este libro trata de que o circo chega á cidade e os pais de Kika compraron as últimas entradas para a gala do domingo. Como a amiga non conseguiu entrada e o irmán non lle cambia as entradas, fai un feitizo para cambiarlle a vontade, así que consigue que o irmán vaia outro día co amigo. Pero lle toca unha entrada gratis ao irmán...

Gustoume moito porque por medio dos feitizos o irmán lle deixou ir coa amiga ao circo, e o domingo, o ires todos xuntos, o pasaron moi ben.
Sabela 4ºB
Visita o noso blog de recursos de Matemáticas e practica coas simetrías.

Resultado de imagen de recursos primaria simetrias

Javi e Eloi presentaron o seu traballo de C. Naturais sobre o golfiño  aos alumnos de 1ºA.