Os pais de Fran quixeron compartir con nós un prato típico de Nadal do seu país, Venezuela: a hallaca. 
Tiveron a amabilidade de preparalo para que o probásemos e ademais nos explicaron e documentaron como se facía.
E podemos dicir que é un prato moi rico e saboroso. Moitas grazas a Rosely e Antonio.
A hallaca faise con fariña de millo, pero en Venezuela úsase a preparada, que se coñece como fariña de PAN.
Por dentro da masa colócase o guiso, que se fai con carne picada en dados e se adoba e se aliña, e se deixa dun día para outro.
Ao día seguinte se hallaca, se lle coloca olivas, alcaparras, uvas pasas, unha tira de pemento, cebola e se envolve nunha folla de plátano, que lle dá un sabor peculiar.
O día da cena tómase a hallaca, ensalada de galiña, pan de xamón e pernil.







Estes son os acertantes ao reto nº8:
5ºA: Ángel, Iker, Xavi, Xian, Iria, Iván, Alba, Aitana e Samuel
5ºB: Diego e  Javi.
Noraboa!


América leva o nome de Américo Vespucio, un cartógrafo e navegante nacido en Florencia en 1454. E leva o seu nome porque el foi o primeiro en decatarse que América era un novo continente, e non parte das Indias como cría Cristóbal Colón. Américo Vespucio morreu en Sevilla no ano 1512.


Título: A praia da esperanza
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustradora: Teresa Novoa
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Raquel atopa unha buguina na praia e dela sae unha pequeniña serea chamada Sunia. Elas fixéronse moi amigas.
Un día había un cheiro insoportable, era o afundimento dun petroleiro. 
Raquel e os seus pais axudaban todos os días, igual que moita xente, a intentar sacar todo o petróleo do mar.
Sunia quere marchar ao mar xunto a súa familia e poder axudalos, pero Raquel dille que é moi perigoso. Ao cabo duns días Raquel atopa a Sunia morta na praia por aquel petróleo que contaminou o mar.

O meu personaxe favorito é a serea Sunia. Gustoume porque quixo arriscar a súa vida por ir axudar á súa familia. Sunia era moi pequena, vivía no mar dentro dunha buguina, era moi amable e valente, e contaba contos moi bonitos.

Este libro foi moi interesante para min. A miña parte favorita foi cando a nai de Raquel a levou a unha praia porque o seu colexio non fora, e nela estaban moitos nenos doutros colexios, e xuntos formaron a palabra VIDA. Esa parte pareceume moi bonita porque coa palabra querían dar esperanza despois do desastre do petróleo verquido no mar.
UXÍA - 5ºB
Na clase de Relixión preparamos un mural cun Belén moi bonito debuxado por nós.







Recursos Nadal









Título: Ti non xogas!
Autor: Silvestre Gómez Xurxo
Ilustrador. Anxo Fariña
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Despois de moitas semanas de chuvia, o luns seguinte sae o sol. Suso ten moitas ganas de xogar ao fútbol, pero Rober non lle deixa.
Ao chegar a casa, Suso escoita unha voceciña, que é unha pantasmiña que vive no seu cuarto. Chámase Phanti e axuda a Suso a arreglar os seus problemas con Rober.
Ao día seguinte, Suso chega ao colexio e castigan a Rober, e non volve ter problemas.
Cando Rober xa non está castigado fanse amigos e Rober xa non se porta mal.

O personaxe que máis me gustou foi Phanti, porque é unha pantasmiña moi boa que axuda aos nenos que teñen problemas con outros nenos, e fai que non lle faga caso. No caso de Suso axudoulle moito a arreglar o seu problema con Rober.

O libro gustoume moito porque se unha persoa é abusona pode reflexionar e non volver a facelo. A miña parte favorita é cando Phanti e Suso coñécense, porque grazas a iso agora non ten problemas no colexio.
XAVI -5ºA

Título: Orión e os animais magos.
Autor: Joan Manuel Gisbert
Ilustrador: Francisco Solé
Colección: Sopa de libros
Editorial: Xerais

Orión é un can que vive co seu dono Isidro. Un día Isidro ingresa no hospital por mor dunha caída. Orión fuxe á fraga porque andaban detrás del para metelo na canceira. 
Pola noite chega á fraga unha misteriosa furgoneta e un home empeza a descargar paquetes e caixas e agóhaos na fraga. Algúns animais atopan as caixas e empezan a pasar cousas moi raras porque as caixas conteñen os trucos do mellor ilusionista Danilo.

O personaxe que máis me gustou foi Orión. É un can de palleiro, de mirada moi amigable. Era un can abandonado que foi rescatado de cachorro. Gústame porque vive unha serie de aventuras e porque uns animais o rodean e fanlle moitas preguntas relacionadas con Danilo.

O libro gustoume moito. A miña parte favorita foi cando os animais fixéronlle preguntas a orión sobre Danilo, porque non sabía o que lle ían preguntar e púxose moi interesante.
XIAN - 5ºA

http://www.cuteki.es/widgets/

http://www.gifss.com/creaciones/calendarios/paisajeanimados/

http://www.gadgetsblogger.com/2013/05/calendarios-animados-para-blogger-un.html



http://www.contadorvisitasgratis.com/step_1.php




http://www.gadgetsblogger.com/2011/03/adopta-una-mascota-virtual-para-tu-blog.html

http://abowman.com/



https://www.websmultimedia.com/reloj-blog-gratis

http://www.cuteki.es/widgets/relojes/

http://rincondefelixrodri.blogspot.com.es/2015/01/disenos-web-coleccion-de-lindos-relojes.html

http://www.mytictac.com/es/compras.html

http://www.creatupropiaweb.com/recursos/utilidadess_gratuitas_para_tu_blog_y_web_relojes_4.htm

http://freewidget4u.blogspot.com.es/

Título: Ota quere voar.
Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Santiago Eiroa Pazos
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

É a historia dunha gaivota que voaba polo aire e atopouse cunha aguia que a colleu e a levou ao seu niño.
Os pais de Ota viron que non estaba no niño e lle preguntaron ao seu fillo pola súa irmá, e díxolle que se foi voando e a atrapou unha aguia.
Os pais de Ota foron a buscala e atopáronse coa aguia voando, que levaba a Ota nas patas. Ao chegar ao niño, os pais enfrentáronse á aguia. Ota escapou e marchou ao seu niño xunto do seu irmán.
Pero como se aburría moito outra vez, non lle fixo caso ao seu irmán que lle di que espere polos pais. pero esta vez voou cerca do niño, non se alonxou.

Ota é o personaxe que máis me gusta. É unha gaivota pequena que era aventureira e que lle gustaba moito voar. Me gusta porque non para quieta, coma min.

Gustoume o libro. A miña parte favorita é cando se xunta toda a familia no seu niño. Porque alí estaban felices.
ÁNGEL 5ºA
O continente americano non leva o nome do seu descubridor, Cristóbal Colón, senón que debe o nome de América a outro personaxe da época, un cartógrafo que se decatou que as terras descubertas eran en realidade un novo continente.
Isto é o que temos que averiguar:
1º Como se chamaba este navegante e cartógrafo?
2º En que cidade naceu?
3º En que cidade morreu?

1
Meissner, Krause, Merkel, Pacini e Ruffini eran médicos (especialistas en anatomía e histoloxía), que dan o seu nome aos corpúsculos da pel que eles descubriron. Neles están os receptores sensoriais do tacto, presión, frío, calor e dor.


E estes son os acertantes deste novo reto:
5ºA: Pablo, Aitana, Xian, Iván, Iria, Fran, Samuel, Xavi, Alba
5ºB: Javi, Diego, Ágata
 Noraboa!