28/10/16

Máis fotos de Samaín /Halloween

Hoxe tivemos máis festas na clase de Inglés.
Tamén baixamos a Biblioteca, onde fixemos unha ofrenda para eliminar os nosos medos.
E, por último, visita a exposición de cabazas de Infantil e 1º ciclo.

27/10/16

Pedra, papel, tesoiras.

Preparados para Halloween

Todo o colexio está a ferver preparando a festa de Samaín/Halloween.
Na aula de Inglés estamos facendo a exposición de cabazas e xa comezaron algunhas festas.
No salón de actos a exposición de Infantil e o 1º ciclo.
E na Biblioteca este ano celebrámolo á maneira mexicana co Día dos mortos.
E aquí tedes as primeiras fotos:


26/10/16

Reto 4: Un astrónomo en problemas.

En C. Sociais estivemos estudando os movementos da Terra. Todos sabemos que a Terra xira ao redor do Sol, pero non sempre foi así considerado. Antigamente pensaban que era ao revés, que era o Sol o que xiraba ao redor da Terra, e os astrónomos que dicían que isto non era así metíanse en serios problemas coa Inquisición.
No século XVII un famosos astrónomo foi encarcelado e levado a xuicio por apoiar esta teoría. Ao final tivo que dicir que estaba equivocado para salvar a súa vida.
Imos pedir que busquedes información sobre varias cousas:
1. Como se chamaba este astrónomo?
2. Onde naceu?
3. Cal é o monumento máis importante da súa cidade natal?

Veña, a investigar, que esperamos as vosas respostas.

23/10/16

Solución ao reto 3

Todo un éxito este reto nº 3, hai moitos rapaces e rapazas que participaron e acertaron as tres preguntas:
5ºA: Xian, Aitana, Pablo, Iker, Alba, Iván. Fran, Marisé, Iria, Xavi e Samuel.
5ºB: Nico

A resposta a primeira pregunta era Andrómeda, que é o nome da galaxia e da rapaza..


Andrómeda foi rescatada por Perseo, que utilizou a cabeza de Medusa para converter en pedra ao monstro. Seguro que todos coñecedes a historia, e a película "Furia de Titanes".
Nico tamén nos deixou un enlace, pois é unha das súas pelis favoritas:





16/10/16

Decora o teu blog para Halloween



Reto 3: Viaxamos a outra galaxia.

Neste terceiro reto queremos saír do Sistema Solar, abandonar a Vía Láctea e dirixirnos a outra galaxia, a máis cercana a nós.


Tamén leva un nome dun personaxe mitolóxico: a fermosa filla dos reis de Etiopía, que foi liberada de ser atacada por un gran monstro mariño por un semideus, fillo de Zeus. Este heroe conseguiu rescatala grazas a cabeza dunha gorgona.


En resume, tedes que averiguar tres cousas:
1. O nome da galaxia e da fermosa rapaza.
2. O nome do heroe que a rescatou.
3. O nome da gorgona á quen pertencía a cabeza que utilizou para vencer ao monstro mariño.

Veña, a investigar, que non é tan difícil!

15/10/16

Solución ao reto 2: Na busca dun satélite.

Moita participación e acertantes ao reto nº2:
5ºA: Rubén, Xian C., Saleta, Xavi, Francisco, Alba, Samuel, Iván, Iria.
5ºB: Ágata, Javier.
Noraboa a todos, e grazas por participar.


Efectivamente, o satélite era Prometeo, un dos principais satélites de Saturno.
A que non era tan difícil?
Estade atentos ao seguinte reto, moi pronto...

9/10/16

Reto 2: Na busca dun satélite.

A maioría dos planetas do Sistema Solar teñen satélites, algúns incluso unha grande cantidade deles.
O complicado é poñerlle nome a todos eles, así que os científicos as veces recurren a nomes de seres mitolóxicos.
Este vai ser o noso segundo reto: tedes que atopar un satélite que leva o nome dun personaxe mitolóxico: un titán que lle roubou o lume aos deuses do Olimpo para darllo aos homes.


Cando saibades de que satélite se trata e o planeta arredor do que xira, podedes deixar a solución nos comentarios desta entrada.
Veña, que non é tan difícil. Esperamos a vosa participación!