Reto nº 19: Un castelo medieval

Na Idade Media os señores feudais vivían nos seus castelos. Os castelos eran un conxunto de edificacións de carácter defensivo.
Saberías identidicar como se chamaban estes elementos? Te damos unha pista: a letra inicial.
1. Muro que se construía diante das murallas e máis baixo ca elas para defender o castelo. B___________
2. Cada un dos saíntes en forma de prisma nos que remata a parte superior das murallas. A___________
3. Ventá estreita e alongada dunha torre ou castelo. S____________
4. Camiño no alto dos muros dun castelo. A____________
5. Escavación longa e profunda que rodea o castelo. F___________
6. Construción no alto dun muro, dunha torre ou dunha porta fortificada para defender ou atacar ao enimigo. M______________
Veña, a pensar!

22 comentarios:

Publicar un comentario