12/9/17

Contos de medo para a hora de ler

Este curso imos pasar un pouquiño de medo na hora de ler. O libro que imos traballar é unha recompilación de contos que van intentar poñernos os pelos de punta. 
No seguinte enlace atoparás unha serie de actividades para descubrir de que libro se trata. Atréveste?

http://chiscos.net/almacen/lim/cuentos_terror/cuentos_terror.html

11/9/17

Presentación de 6º

Hoxe comezamos o curso. Volvemos ao cole, con moitos retos por diante e con moitas ganas de ver aos nosos amigos. Ademais temos dous compañeuros novos. Cibrán e Santi.

6/9/17

Empezamos o curso!


Xa estamos quentando os motores. Comezamos un novo curso, e xa estamos en 6º!
Este vai ser un curso especial. Por un lado é o noso último ano no cole, temos que aproveitalo ben e, sobre todo, disfrutar moito.
E ademais este curso temos un novo proxecto, no que imos traballar os libros de texto dixitais.
Pois nada, preparade as vosas mochilas, os estoxos... e traede moitas ganas de traballar. Ata o luns!