29/10/17

Lecturas 6º: Samuel e Fran 6ºA



Título: El león, la bruja y el armario
Autor: C. S. Lewis
Ilustradora: Pauline Baynes
Editorial: Destino

SAMUEL 6ºA








Título: Las botas de fútbol
Autor: Frederick Helmann
Colección: La joven colección
Editorial: Lóguez

FRAN 6ºA

A busca de alimentos


24/10/17

Lecturas 6º: Nico e Diana 6ºB


Título: Cuentos de terror de la boca del túnel
Autor: Chris Priestly
Ilustrador: David Roberts
Editorial: S.M.

NICOLÁS 6ºB







Título: A lagoa das nenas mudas
Autora: Fina Casalderrey
Ilustradora: Patricia Castelao
Colección: Sopa de libros
Editorial: Anaya

DIANA 6ºB

Preparando menús


22/10/17

Charla sobre o uso de móbiles e redes sociais

Interesante charla sobre o uso responsable dos móbiles e as redes sociais.
Se estades interesados será en Bueu o xoves 26 de outubro ás 20:30.
Máis información:
http://www.redeargonavis.com/mobiles-e-tables-a-partir-de-que-idade/

Solución ao reto nº2: Na busca dun autor

Xa temos as respostas ao reto nº2:
O escritor amigo de Harry Houdini  que era aficionado ao espiritismo era Arthur Conan Doyle.


Este autor foi o creador do famoso detective Sherlock Holmes.

O primeiro libro que se editou no que aparece Sherlock Holmes foi Estudo en escarlata.


E estes son os acertantes deste reto:
6ºA: Iván, Samuel, Alba, Iria, Aitana, Saleta e Xavi.
6ºB: Lucas, Noa e Javi.

Parabéns a todos! 



A verdadeira orixe de Halloween

Libros alimentación: Recetas de todas as cores

Este libro ensina aos nenos a aprender diversas receitas vexetarianas para comer san e fomentar o consumo de froita e verduras nas súas dietas.

15/10/17

Un baile moi animado... para fomentar o consumo de verduras

Hai algúns anos publicamos no blog este anuncio xaponés para promover o consumo de verduras. É moi divertido, e co proxecto que estamos traballando é o momento de recordalo.

Reto 6º nº2: Na busca dun autor

O segundo conto do libro de Chris Priestly titúlase La no-puerta, e trata de espiritismo e mediums.
O espiritismo estivo de moda a principios do século XX. O famoso mago Harry Houdini non cría nos mediums e facía todo o posible por descubrir os seus trucos e desenmascaralos. 
Houdini era moi amigo dun famoso escritor que si cría neste mundo de espíritos. Este escritor foi o creador do máis famoso detective da Literatura Universal.
O reto de hoxe é moi fácil:
1. Como se chama este autor?
2. Quen é este famoso detective?
3. Escribe o título do primeiro libro no que aparece este famoso detective. 
Veña, a investigar!

Decora o teu blog para Halloween

O día 31 de outubro celebtramos Halloween/Samaín. Recordade que hai moitos recursos para decorar o teu blog para esta festa:

Fantasmas que se pasean polo blog:



Teas de araña, fantasmas, cursores, bruxas...

Máis recursos neste blog:

O enigma da nutrición


Solución ao RETO 6º nº1: As árbores

Xa temos as respostas ao primeiro reto deste curso, no que tiñamos que averiguar o nome de catro árbores.

1. BAOBAB.







2. SEQUOIA.










3. DRAGO.









4. BANYAN.









E estes son os acertantes:
6ºA: Samuel, Pablo, Iván e Xavi.
6ºB: Carlos, Uxía, Javi e Diego.

Noraboa! E a seguir intentándoo...

9/10/17

Libros alimentación : Somos o que comemos?

Básase na aprendizaxe dos alimentos, os nutrientes e alimentos cos que sentirnos mellor ou diversas curiosidades.
As nenas e nenos coñecerán o que están comendo e por que o comen, que beneficios obteñen, descubrirán a importancia da comida, pero tamén descubrirán algúns mitos sobre alimentos e o propio corpo humano no proceso da dixestión.

Editorial DK

3/10/17

Reto 6º nº1: As árbores

Xa sabedes que este curso estamos lendo o libro de Chris Priestly Cuentos de terror de los objetos malditos. Nel as árbores teñen moita importancia, sobre todo no primeiro capítulo, Prohibido trepar, onde un vello olmo consigue poñernos os pelos de punta.
Neste primeiro reto de 6º queremos poñer a proba o que sabedes de árbores. Podedes identificar estas?

1. É unha árbore tropical, típica de África, tamén lle chaman a árbore da vida, a árbore máxica ou a árbore prantada ao revés. pode chegar a medir 30 m.

2. Son as árbores máis grandes do noso planeta, poden alcanzar ata 80 metros  e incluso poden atravesalos unha estrada. Crecen en Estados Unidos. 

3. É unha árbore subtropical típica das Illas Canarias, e que debe o seu nome a un ser fantástico.


4. Son árbores orixinarias de Asia. Teñen as raíces aéreas, que crecen hacia abaixo.

Veña, a investigar un pouco. Esperamos as vosas respostas.



A dieta saudable

Visita ao Eroski

O pasado martes 26 fixemos unha visita ao supermercado Eroski. Fomos acompañados de Eva, que antes de ir nos deu unha interesantísima charla sobre a alimentación e a organización do supermercado.
No Eroski visitamos todas as seccións e nos explicaron como traballaban e como debemos ter un consumo responsable. 
A visita foi moi interesante e, ao acabar nos prepararon unha estupenda merenda a base de froitas. E nos deron unha bolsa chea de agasallos. A verdade é que nos trataron de marabilla, moitas grazas!