11/12/17

Solución ao reto nº6: Instrumentos ópticos

Imos coas solucións ao reto nº6:
1. Instrumento óptico para observar corpos moi lonxanos, en especial corpos celestes: TELESCOPIO

2. Instrumento óptico que ten un par de tubos con varias lentes e un prisma, para ampliar imaxes: PRISMÁTICOS
3. Instrumento óptico para observar dende unha posición oculta, con espellos e prismas montados nun tubo vertical. Úsase nos submarinos: PERISCOPIO

4. Instrumento óptico con espellos e cristais de cores no seu interior, no que se poden ver diferentes figuras xeométricas simétricas: CALEIDOSCOPIO
5. Instrumento óptico con lentes de gran aumento, para ver seres ou obxectos tan pequenos que non se poden ver a simple vista: MICROSCOPIO
E estes son os acertantes: 
6ºA: Pablo, Samuel, Cibrán e Iván
6ºB: Uxía, Ágata, Sabela e Noa


Lecturas 6º: Pablo e Iker 6ºA



Título: Os Megatoxos e o aprendiz de druída.
Autor e ilustrador: Anxo Fariña
Colección: Os Megatoxos
Editorial: A Nosa Terra

PABLO 6ºA




Título: Os Megatoxos e a espada esmeralda.
Autor e ilustrador: Anxo Fariña
Colección: Os Megatoxos
Editorial: A Nosa Terra

IKER 6ºA


Correndo en Meira

O venres 1 de decembro tivemos unha xornada deportiva xunto a outros colexios da zona. nela fixemos varias carreiras, por cursos, e nos trouxemos para o colexio varias medallas.
Noraboa a todos os nenos que participaron e deron o mellor de cada un deles para rematar a carreira. E como no parabéns especiais para Samuel, Ágata e Uxía, que gañaron medalla nas súas categorías.

















Lecturas 6º: Rubén 6ºA e Sabela 6ºB



Título: Historias secretas do espazo
Autor: Joan Manuel Gisbert
Ilustrador: Toni Garcés
Colección: Tucán
Editorial: Edebé - Rodeira

RUBÉN 6ºA




Título: A lagoa das nenas mudas.
Autora: Fina Casalderrey
Ilustradora: Patricia Castelao
Colección: Sopa de libros
Editorial: Xerais

SABELA 6º B


Cangas 1617: A defensa da vila


Este fin de semana tivemos a celebración dos 400 anos do ataque á vila de Cangas por piratas berberiscos.
O pasado xoves día 30/11 fomos a unha visita guiada por Cangas. Os nosos guías, Óscar e Lu, da asociación A illa dos ratos, nos explicaron estupendamente como era Cangas nesa época e como foi o ataque dos turcos, ademais de falarnos tamén de María Soliña.





Lecturas 6º: Marcos e Diego 6ºB



Título: Charlie y la fábrica de chocolate
Autor: Roald Dahl
Ilustradora: Faith Jacques
Colección: Infantil juvenil
Editorial: Alfaguara

MARCOS 6ºB


Título: Mil cousas poden pasar I
Autor e ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

DIEGO 6ºB



Recital poético Gloria Fuertes

Na Biblioteca temos un mes dedicado á poetisa Gloria Fuertes, para conmemorar o 100 aniversario do seu nacemento.
O mércores 29/11 houbo un recital poético. Os alumnos de 6º prepararon un dos seus poemas: Viva el mundo cambiante, viva el mundo al revés, para recitalo.







3/12/17

Reto nº6: Instrumentos ópticos

O último dos obxectos malditos, aparecido no conto O camiño, foi un anteollos, co que o protagonista pode ver acercarse o seu destino.
O anteollos (catalejo) é un instrumento óptico, un tubo con dúas lentes, para ver a longa distancia.
 Saberías ti identificar os seguintes instrumentos ópticos?

1. Instrumento óptico para observar corpos moi lonxanos, en especial corpos celestes.
2. Instrumento óptico que ten un par de tubos con varias lentes e un prisma, para ampliar imaxes.
3. Instrumento óptico para observar dende unha posición oculta, con espellos e prismas montados nun tubo vertical. Úsase nos submarinos.
4. Instrumento óptico con espellos e cristais de cores no seu interior, no que se poden ver diferentes figuras xeométricas simétricas.
5. Instrumento óptico con lentes de gran aumento, para ver seres ou obxectos tan pequenos que non se poden ver a simple vista.

Veña, a buscar...