11/3/18

Visita do club de balonmán

E faltaba a foto de 6ºB:


Exposición oral: Javi e Eloy P. - A alimentación do futuro

Podedes imaxinar como será a alimentación no futuro? Que alimentos haberá? Cales desaparecerán? Todo isto contárono Javi e Eloy P. na súa exposición oral.











Reto nº 8: O Guernika


Na visita que fixemos ao MUNCYT vimos parte do avión Lope de Vega, e alí nos enteramos que nel viaxou o famoso cadro de Picasso, o Guernika dende Nova York ata Madrid.


 Imos ver canto sabedes deste tema:

1. Cal foi a data exacta da viaxe?
2. En que museo de Nova York estaba o cadro antes de viaxar a España?
3. Que representa o cadro?
4. Por que Picasso non quixo que o Guernica estivese en España?
5. En que museo podemos visitalo actualmente?

Xa podedes comezar a investigar...

Lecturas 6º: Aitana 6ºA e Marcos 6ºB



Título: As flores radioactivas
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Miguelanxo Prado
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

AITANA 6ºA




Título: A lagoa das nenas mudas
Autora: Fina Casalderrey
Ilustradora: Patricia Castelao
Colección: Siopa de libros
Editorial: Xerais

MARCOS 6ºB


Exposición oral: Xavi - Dieta sen xérmenes

Xavi nos deu unha interesantísima charla sobre a alimentación sen xérmenes, apropiada para as persoas que están pasando por algunha enfermidade.







Lecturas 6º: Fran 6ºA e Eloi V. 6ºB



Título: Matilda
Autor: Roald Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
Editorial: Alfaguara

FRAN 6ºA




Título: El diario de Ana Frank
Autor: David Polonsky
Ilustrador: Ari Folman
Editorial: Penguin Random House

ELOI V. 6ºB

4/3/18

Solución ao reto nº7: O pergamiño Vindel


Moita participación para contestar a este novo reto. Aquí tedes as solucións:
1. O pergamiño o compoñen sete cantigas.
2. Foi escrito a finais do século XIII ou principios do XIV.
3. O seu autor foi o trobador galego Martín Codax.
4. O seu descubridor foi un comerciante de libros antigos chamado Pedro Vindel.
5. Aínda que actualmente está exposto no Museo do Mar de Vigo, o pergamiño se conserva na Biblioteca Pierpont Morgan, en Nova York.

E os acertantes deste novo reto foron: 
6ºA: Iria, Xavi, Pablo, Xian, Iván, Aitana e Marisé.
6ºB: Uxía, Xian, Javi, Nico, Eloi V., Noa, Eloy P., Diana, Diego, Lucas, Johan e Ágata.

Exposición oral: Rubén e Brais - Alimentos perxudiciais para a saúde

Seguimos aprendendo cales son os alimentos que debemos comer e cales son os que nos fan dano á nosa saúde. Esta vez grazas á charla de Rubén e Brais.







Lecturas 6º: Cibrán e Saleta 6ºA



Título: Os Cabezombis na Mansión Espello.
Autora: patricia Mallo
Ilustrador: Perrilla
Colección: Árbore
Editorial: Galaxia

CIBRÁN 6ºA




Título: El clan de la loba.
Autora: Maite Carranza
Colección: La guerra de las brujas
Editorial: Edebé

SALETA 6ºA